HomePontevedraVilaboa anima á comunidade escolar a participar no Concurso de Postais de...

Vilaboa anima á comunidade escolar a participar no Concurso de Postais de Nadal

- Anuncio -spot_img

A iniciativa vai dirixida a alumnado de 3 a 10 anos e dividirase en catro categorías

O Concello de Vilaboa convoca unha nova edición do Concurso de Postais de Nadal para escolares, con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos e no que haberá catro categorías, atendendo á idade dos participantes. Os rapaces e rapazas poderán entregar os seus traballos a través do correo info@vilaboa.org ata o 17 de decembro ou de xeito presencial na Casa de Cultura de Riomaior, nos centros educativos do municipio ou no propio Concello. O fallo darase a coñecer o día 18 a través da web e as redes sociais.

O xurado, integrado por membros do Concello de Vilaboa, valorarán a creatividade, orixinalidade e boa interpretación do tema do concurso, así como as habilidades gráficas demostradas acorde á idade do participante.

Publicacións Relacionadas