Paredes acende este venres a súa iluminación navideña mentras que Santa Cristina o fai o sábado cun concerto da Banda da Escola de Música
Cabadachán, Vilaboa e O Alcouce ultiman as súas decoracións
Vilaboa volve a converterse nun referente de creatividade e participación veciñal durante as festas do Nadal. As asociacións de Figueirido, Paredes.Cabadachán, Santa Cristina de Cobres, O Alcouce e o grupo de catequistas de Vilaboa lideran este ano proxectos de ambientación que implican á veciñanza de todas as idades, dando lugar a espazos decorativos singulares que atraen visitantes de todo o municipio e da comarca.
Na Carretera Vella de Paredes, máis de 100 metros de vial estarán decorados con elementos artesanais e iluminación aérea visible desde a N-550. A noria e o columpio máis fotografado do municipio conviven este ano cun tiovivo manual e unha nova atracción infantil, ademais dun posto onde se ofrece chocolate quente e refrescos. A ambientación inclúe elfos, Papá Noel, trineos, renos, cascanoces e mesmo un grinch que acaparará as miradas de pequenos e maiores.
O venres 5 de decembro ás 19:00 horas terá lugar o acendido oficial das luces de Nadal na Carretera Vella, nun acto con música, animación, fogos artificiais e degustación de chocolate.
Santa Cristina de Cobres transformará o seu parque nun bosque decorado con figuras de madeira feitas e pintadas a man. O proxecto está coordinado pola asociación veciñal e impulsado polo grupo de crochet, que perfecionará o belén composto por vinte figuras de apenas vinte centímetros de altura; un traballo artesanal que merece unha visita
O sábado 6 de decembro ás 19:00 horas, a Casa de Montes acollerá o Concerto de Nadal da Banda de Música Xuvenil da Escola de Música de Vilaboa, dirixida por Daniel Figueira Bello, seguido da inauguración oficial desta decoración navideña.
En Figueirido, a asociación veciñal apostou por máis de 200 palés de madeira para construír unha árbore de Nadal de máis de 10 metros de altura, centro dun conxunto decorativo que inclúe un tren iluminado, guirnaldas, renos, trineos, un portal de Belén e ata unha noria. Esta composición verase reforzada a partir do día 19 pola inauguración do Mercadiño de Nadal. O lugar de Alcouce tamén conta este ano coa súa propia ambientación.
Cabadachán recupera este ano a súa decoración de Nadal completada coa instalación dun Belén que funcionará como eixo central da ambientación deste barrio, que recupera o espíritu de colaboración e traballo conxunto impulsado por Gonzalo Gondar antes do seu pasamento. En Cabadachán convidarán a chocolate quente o sábado y domingo, 13 e 14 de decembro, pola tarde mentras o barrio se ilumina.
En Vilaboa, o grupo de catequistas súmase este ano á celebración do Nadal que inaugurarán cunha festa de convivencia o día 20 a partir das 18.30 horas. Instalarán unha carpa diante da igrexa para a organización de manualidades e outras actividades e tamén para disfrutar dun chocolate con rosca á vez que recollen xoguetes solidarios. Todo coa colaboración do párroco.
Este traballo colectivo conta co apoio do Concello de Vilaboa, que este ano incrementou as axudas veciñais co fin de incentivar as montaxes de Nadal. A maiores o Concello asume o consumo derivado da iluminación nos diferentes barrios, que quintuplica a factura da luz con respecto a calquera outro mes de do ano, e facilita os puntos de conexión en todas as composicións lumínicas.



