O Concello recepciona unha actuación que dota ao entorno dunha área de aparcamento, adoquina o acceso, crea un esceario e instala paneis informativos
O alcalde de Vilaboa, César Poza, asinou esta mañán a acta de recepción da obra de remodelación da contorna do Forno do Cal, unha actuación o acondicionamento dun amplo espazo de estacionamento á beira da estrada N-554 e a instalación do nome de Vilaboa en vistosas letras, iluminadas de noite, e visibles desde o outro lado da ría.
O topónimo en letras tamaño XL, en cor ocre e dun material resistente ás inclemencias do tempo, da así a benvida a quen se adentre no municipio procedente da rotonda de interconexión co Morrazo e coa AP-9 reforzando a imaxe de marca local e convertendo este recuncho nun lugar idóneO para quenes queiran inmortalizar en redes o seu paso por este enclave.
O adoquinado do vial de acceso con canalización para as augas pluviais, a construcción dunha pequena praza que distribúe o sendeiro ata a praia e ata o Forno, a colocación dunha barandilla de suxeitamento e a dotación dun esceario accesible para a organización de actos neste entorno completan unha obra que, entre outras moitas cousas, solventa as carencias de aparcamento deste enclave garantizando tamén unha maior seguridade viaria.
Os traballos incluiron tamén a colocación de numerosos puntos de luz solar que iluminan os paneis informativos, o perímetro da senda adoquinada, o nome de Vilaboa e a pequena praza que distribúe todo o entorno.
A posta en valor do Forno do Cal comezou no ano 2022 coa recuperación deste elemento singular do patrimonio industrial de Vilaboa, un entorno que hoxe é xa escenario de encontros e actividades de reunión coa veciñanza, ademáis dun elemento de alto valor didáctico co que traballan os centros escolares do municipio.
A recuperación deste entorno forma parte dun ambicioso proxecto no que o Concello contou coa colaboración da empresa Pesca Puerta propietaria da parcela, e coa Comunidade de Montes de San Adrián que cedeu os terreos .
“Este entorno, totalmente oculto pola maleza hai tan so uns anos, é hoxe unha auténtica xoia patrimonial da que toda a veciñanza de Vilaboa se sinte orgullosa. O tamaño das letras e a iluminación que ten todo o ámbito fai que o Forno do Cal brile dun xeito espectacular ata desde o outro lado da Ría”, explica César Poza que apela á colaboración de toda a cidadanía para preservar intacta esta área. “Coidala é unha responsabilidade compartida”, conclúe.



