HomePontevedraPontevedraVilaboa explora co ministerio de Medio Ambiente solucións aos núcleos costeiros

Vilaboa explora co ministerio de Medio Ambiente solucións aos núcleos costeiros

- Anuncio -spot_img

O desbloqueo da situación actual pasa polo respaldo da Xunta de Galicia

O alcalde de Vilaboa, César Poza, e a concelleira de Promoción Económica, Carmen Gallego, mantiveron hoxe mércores en Madrid unha reunión co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, para explorar vías de solución á situación dos núcleos costeiros do municipio afectados pola aplicación da Lei de Costas.

A xuntanza enmárcase nas numerosas xestións realizadas polo goberno local nos últimos tempos, tanto a nivel municipal como autonómico, que permitiron poñer enriba da mesa varias opcións técnicas e administrativas que poderían contribuír a desbloquear a situación actual.

Porén, todas estas alternativas requiren do respaldo da Xunta de Galicia para poder avanzar con garantías. Por este motivo, o Concello solicitará unha nova reunión coa directora xeral de Urbanismo da Xunta, co obxectivo de replantexar a situación e reforzar a cooperación entre administracións.

O goberno municipal reafirma o seu compromiso de seguir traballando con diálogo, rigor e lealdade institucional para acadar unha solución definitiva para o litoral de Vilaboa e garantir a seguridade xurídica da veciñanza.

Publicacións Relacionadas