HomePontevedraVilaboa remite ao Ministerio de Transporte unha memoria coa reforma urxente na...

Vilaboa remite ao Ministerio de Transporte unha memoria coa reforma urxente na N-554

- Anuncio -spot_img

O documento inclúe a construcción de tres novos accesos, unha senda peonil no Forno de Cal e a ampliación das beirarrúas a 1,80 metros

César Poza solicita unha reunión con Óscar Puente para abordar a futura Vía Verde e a conexión sur coa AP-9

O Concello de Vilaboa vén de remitir ao Ministerio de Transporte unha memoria que recolle as principais actuacións a realizar na N-554 que pasan pola ampliación de beirarrúas, a dotación de novos accesos a núcleos de poboación e a creación dunha senda no Forno do Cal, que formaría parte da futura senda do litoral do Sal á Cal.

Xunto a este traballo técnico o Concello remitiu ao Ministerio de Óscar Puentes unha proposta de Vía Verde no trazado do ferrocarril que está en desuso no termo municipal de Vilaboa.

Para abordar estas cuestión César Poza, alcalde de Vilaboa, solicita un encontro co ministro no que tamén lle adianta a urxencia para Vilaboa de contar cunha conexión con Vigo a través da AP-9 e a importancia de solventar algunhas deficiencias, como a recollida de augas, nos servizos da A-57. “Ser lugar de paso deste tipo de infraestruturas xenera oportunidades de posicionamento estratéxico para nós e tamén impactos nos servizos locais que precisamos correxir. Para Vilaboa é prioritario ter acceso a Vigo, o enlace sur nos permitiría desconxestionar a N-554 do tráfico procedente da autovía A-57 e permitir o seu acceso directo á autopista. Sería ademáis estratéxico para o noso futuro desarrollo urbanístico e industrial, explica.

A memoria remitida ao Ministerio recolle as carencias que arrastra a N-554 desde a súa remodelación no 2010  facendo fincapé en que as beirarrúas precisan unha anchura libre de paso non inferior a 1,80 metro polo que habería que adaptalas á normativa vixente nos tramos urbanos e crear itinerarios peonís accesibles e acometer unha mellora do entorno que pasa por preservar a seguridade nos accesos aos centros escolares e ás Salinas.

En canto aos accesos o Concello propón a creación dun novo vial ao CEP Plurilingüe de Riomaior, xa contemplado no PXOM aprobado en 2019 e outro ao colexio do Toural e á escola infantil que tería un tratamento adoquinado na parte central das Salinas. A memoria recolle unha terceira estrada que facilite o acceso aos núcleos de Pousada e Nores.

Por último, no referente á reforma na N-554, César Poza confía en expoñerlle persoalmente a Oscar Puente o interese turístico que suscita o Forno de Cal e que converte en insuficiente o pequeno aparcamento do que dispón, ademáis de crear un punto conflitivo de incorporación á N-554. Para mellorar a seguridade vial neste entorno o Concello prantexa a creación dun aparcamento no vial inutilizado e unha senda peonil que una o estacionamento co Forno de Cal.

Publicacións Relacionadas