A empresa instalará os colectores e utilizará o servizo para favorecer a inserción laboral de persoas vulnerables
O Concello de Vilaboa incorpora ao seu plan de mellora de recollida selectiva de residuos a reciclaxe textil tras adxudicar este servizo á empresa Arroupa Moda Re, que se encargará da distribución de colectores específicos para este resto en todo o municipio.
Así o explicaron o alcalde de Vilaboa e a concelleira de Servizos, César Poza e María Canosa, xunto á directora de Cáritas de Santiago, Pilar Farjas, representante da empresa adxudicataria. O novo servizo terá un dobre obxectivo, por unha parte avanzar na separación de residuos dando unha segunda vida ás prendas téxtis que ata agora eran depositadas no colector verde e por outra favorecer que esta actividade de reciclaxe contribúa á inserción laboral de persoas vulnerables.
Pilar Farjas insistiu na labor social que desenvolve Arroupa, unha empresa de economía social impulsada por Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela centrada na recollida, reutilización e reciclaxe textil, creando á vez emprego para persoas en situación ou risco de exclusión social. Todo o beneficio económico xenerado pola actividade reinvirtese íntegramente en forma de emprego social, programas de acompañamento e acción comunitaria.
Para César Poza esto supón un importante paso adiante para Vilaboa en materia de reciclaxe e por tanto de recuperación ambiental. “Estes novos colectores irán acompañados dunha campaña de sensibilización para que a veciñanza utilice este servizo e evitemos sobrecostos enviando a Sogama residuos que podemos reciclar”. Apuntou ademáis que a recollida de téxtis reforza a renovación de todo o servizo de recollida que de xeito progresivo se irá implantando no municipio tralo novo contrato coa empresa de limpeza, que se fará cargo tamén do Punto Verde.