Home O Salnés O Grove Vilagarcía e O Grove abren a porta a unha posible recollida de...

Vilagarcía e O Grove abren a porta a unha posible recollida de residuos “Porta a Porta” aos produtores singulares tras a viaxe do Revitaliza

- Anuncio -

O concelleiro de Servizos Lino Mouriño recoñece que o sistema “é o mellor posible” para cumprir obxectivos de reciclaxe pero maniféstase cauto ante a implantación xeral para a cidadanía: “Fai falta control”

A concelleira Ángeles Domínguez asegura que a xestión do lixo dos grandes produtores debe tratarse “de maneira diferente á actual”

A comitiva pontevedresa do Revitaliza que viaxou a País Vasco, Navarra e Cataluña está de volta á provincia “totalmente impresionada” polos resultados espectaculares que supón a recollida de residuos Porta a Porta á hora de mellorar as cifras de selectiva e reciclaxe. Nos 10 municipios e comarcas visitados durante esta semana con diferentes variables do modelo as cifras son brillantes, ningún baixa do 70%, e os concellos de Vilagarcía e O Grove tomaron conta do recado aínda sendo prudentes sobre como podería aplicarse na práctica nos seus municipios.

O responsable de Servizos en Vilagarcía Lino Mouriño subliñou que a viaxe permitiu coñecer de maneira directa fórmulas de xestión de recollida e tratamento moi diferentes ás implantadas na provincia, polo que a sensación de aprendizaxe fi boa. Destacou que xa na viaxe que o Revitaliza realizara en 2015 sacara a conclusión de que era fundamental unha separación en orixe nos domicilios da veciñanza. Na última comitiva, destacou, a filosofía confírmouse: “se os residuos non se separan ben na casa a xestión complícase”.

Neste sentido, Mouriño recoñeceu que o sistema Porta a Porta de recollida é o mellor posible, aínda que para os municipios que levan a dianteira –algúns cunha traxectoria de 15 anos- aínda xera problemas e non é efectivo ao cento por cento. O concelleiro apuntou que os concellos visitados na viaxe explicaron claramente que hai unha dificultade clara na implantación pola necesidade de complicidade da cidadanía, pero destacou que se trata dunha cuestión de aprendizaxe. “Estou ilusionado porque sei que se queremos faise, porque outros son capaces de facelo (…). Outra cousa é que a veciñanza queira”, subliñou.

Como posibilidade, o edil deixou aberta a posibilidade de comezar na implantación do sistema implicando principalmente aos grandes e produtores singulares, cos que sería máis fácil actuar. En calquera caso, para Mouriño a chave para que o sistema puidera funcionar sería, ademais de que houbera vontade, que a veciñanza se sentise “controlada” de non facer correctamente a reciclaxe.

Pola súa banda, a responsable de Medio Ambiente do Concello de O Grove, Ángeles Domínguez, subliñou que a viaxe do Revitaliza foi “moi aproveitable”. Subliñou que o concello ten unha base sobre a necesidade de facer tratamento de orgánica e recollida selectiva “e esta semana serviu para ter máis coñecemento do ensaio-erro noutras localidades”.

Segundo Domínguez O Grove seguirá loitando e intensificará o tratamento da orgánica en composteiros comunitarios de maneira local para facer unha recollida o máis pequena posible desta fracción. Segundo subliñou, a recollida Porta a Porta ten que analizarse e valorarse de maneira prudente polo seu alto custe, pero destacou que podería ser “interesante” iniciala cos produtores singulares sobre todo da hostalería, dada a problemática da estacionalidade que sufre o municipio.

“Aos grandes produtores temos que tratalos dunha maneira diferente á actual. Temos que ser valentes cos restaurantes, os campings, hoteis…”, destacou, en relación aos consellos que deron dende País Vasco, Navarra e Cataluña de afrontar con valentía as decisións complicadas para implantar o modelo e cumprir os obxectivos de reciclaxe.

Vademecum de variantes Porta a Porta
Trala viaxe, en xeral, a tónica entre as persoas representantes políticas como técnicas dos concellos de Poio, O Grove, Sanxenxo, Vilagarcía, Mancomunidade do Morrazo, Valga, Soutomaior, Tomiño, A Guarda, Tui, Mondariz, As Neves, Ponteareas e A Cañiza é de “sorpresa” e de “apertura de miras” ante un posible cambio de política con respecto á instalación do colector marrón tradicional. O convencemento é que a implantación do Porta a Porta é tanto máis factible canto máis pequeno e disperso é o municipio e tanto menos canto máis grande e complexo.

O asesor de residuos do Revitaliza da Deputación Carlos Pérez fixo tamén un balance positivo da viaxe en termos xerais, asegurando que foi “tremendamente prolixa” xa que permitiu coñecer un “vademecum” de modelos e variedades da recollida Porta a Porta e do tratamento da fracción orgánica en diferentes plantas.

“Fomos dende a perfección extrema de Usurbil ou Argentona, con recollidas espectacularmente boas e limpas, a outros modelos con variantes do PaP”, destacou, salientando que a principal conclusión foi que “en ningún caso o quinto contenedor para a orgánica acadou máis do 40% da recollida selectiva”. Pérez animou aos concellos a “botarlle valor”, xa que a implantación do PaP non é simple, pero insistiu en que é moi eficiente, con taxas de recollida selectiva que chegan ao 90%.
Hai que lembrar que a normativa europea ten marcados obxectivos que están vencidos, posto que en xuño de 2020 era obrigado ter preparado para reciclar o 50% dos residuos á maior parte dos concellos, dando unha moratoria ata este ano; en 2025 esixirase reciclar o 55% dos residuos, o 60% en 2030, e o 65% en 2035. Os resultados actuais en Pontevedra distan moito na realidade ,xa que a media da provincia apenas chega ao 15% -cos Concellos Revitaliza roldando o 40% nos mellores casos-. Galicia está entre o 12 e o 13%.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas