HomePontevedraBaixo MiñoVisita guiada polo patrimonio xudeu este sábado

Visita guiada polo patrimonio xudeu este sábado

- Anuncio -spot_img

Estará dirixida polo guía Hugo Lage. Comezará ás 11.30 h na Oficina de Turismo

Este sábado, 13 de setembro, no marco do programa de actividades do “Setembro xudeu en Tui” terá lugar unha nova visita guiada que realizará un percorrido polo patrimonio xudeu, vinculado ás comunidades xudías e criptoxudías que habitaron no conxunto histórico tudense ao longo dos séculos. Comezará ás 11.30 h na Oficina Municipal de Turismo no Paseo da Corredoira.

Esta percorrido estará dirixido polo guía Hugo Lage  que posúe unha ampla experiencia nas visitas ao conxunto histórico tudense e que tamén está acreditado pola Red de Juderías de España como guía Rasgo que certifica a súa formación sobre a herdanza xudía.

Esta ruta posibilitará ás persoas asistentes coñecer o patrimonio xudeu e criptoxudeu da cidade de Tui e descubrir as pegadas do seu legado, que en moitos casos non está visibles para os visitantes, ofrecendo unha experiencia de achegamento a esta faceta do patrimonio cultural tudense.

A concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana María Núñez Álvarez, confía que estas propostas de visitas contribúan ao coñecemento e valorización tanto da pegadas destas comunidades na nosa cidade como do propio patrimonio cultural tudense.

Esta visita forma parte do amplo programa de actividades que arredor do patrimonio e a cultura xudía promove o Concello de Tui coa denominación de “Setembro xudeu en Tui”.

Publicacións Relacionadas