- Visitas guiadas gratuítas ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Museo Arabo” durante os días 25, 26 e 27 de abril.
- Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Museo Arabo”, un lugar onde comprender a enorme vinculación histórica dos arbenses co viño, a lamprea e a Festa da Lamprea
- Para máis información no teléfono 986 66 57 78 ou no correo electrónico a museoarabo@concellodearbo.gal.
Para gozar destes fitos culinarios de Arbo, os días 25, 26 e 27 de abril, celebrarase en Arbo a ‘LXV Festa dá Lamprea’, a festa gastronómica máis antiga de Galicia, declarada o pasado ano ‘Festa de Interese Turístico Internacional’
O Concello de Arbo dentro dos actos programados con motivo da celebración da Festa dá Lampea ofrece visitas guiadas gratuítas ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Museo Arabo”, durante os días tres días.
No ano 2003, Arbo inauguraba o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”, o único Museo dedicado á Lamprea de todo o territorio español, en poderase comprender a enorme vinculación histórica dos arbenses co viño, a lamprea e a Festa da Lamprea.
O Arabo é unha xanela aberta aos visitantes para penetrarse por medio de paneis e vídeos nestes aspectos tan significativos da nosa comarca como son o viño e a Lamprea.
En todo as Plantas do Museo, ademais, o/a turista pode facer un percorrido pola historia da Festa da Lamprea a través dos cadros colocados polas paredes do mesmo. Poderán ver os carteis anunciadores das últimas 20 edicións, os pregoeiros, arbenses distinguidos, personalidades…..
No Museo Arabo, poderás coñecer tamén os viños Rías Baixas máis extraordinarios, todos eles das adegas de Arbo, cun prestixio nacional e internacional que xorden dun microclima único para o cultivo da vide e dun saber histórico de viticultores e adegueiros, onde ademais o Consello Regulador Rias Baixas e o Roteiro do Viño Rias Baixas son os anfitrións perfectos para mostrarnos a tradición e a cultura do viño.
Durante os tres días (25, 26 e 27 de abril) que Arbo celebra a LXIV Festa dá Lamprea poderás visitar o Museo Arabo, dar unha volta polo Centro urbano e gozar do ambiente de Festa, degustar a lamprea e o viño das adegas de Arbo en Arbomostra que estará situada na Praza do Mercado e gozar dunha programación de lecer para todos os públicos.
Apunta en ti axenda e os días 25, 26 e 27 de abril, Ven á cita con historia a, unha historia, a tradición e o sabor único da lamprea.