O Concello de Baiona inicia os seus xa tradicionais visitas guiadas, deseñadas para descubrir os segredos da Vila tanto a visitantes como a veciños durante esta a Semana Santa.
O xoves 2 e o sábado 4 de abril, ás 11.30 horas, comezará o percorrido guiado polo Centro histórico de Baiona. O punto de encontro será a Oficina de Turismo. Durante 90 minutos, unha Guía Oficial de Galicia conducirá aos asistentes por unha viaxe no tempo, para coñecer de primeira man, os monumentos máis emblemáticos do casco antigo.
O venres 3 de abril ao 11.30 h. e o sábado 4 de abril ao 17.00 h., será a quenda para as visitas-talleres familiares. Debido ao gran éxito cultivado en anteriores edicións, realizarase visítaa-taller “Seguindo os pasos de Drake”, orientada a público infantil (maiores de 5 anos) e as súas familias. O punto de encontro será o posto de socorrismo da praia de Santa Marta.
Ambas as visitas estarán guiadas por Guías Oficiais de Galicia e para a súa realización, é necesaria a inscrición previa, por correo electrónico en oficinadeturismo@baiona.gal ou directamente na propia oficina.
A partir de Semana Santa, Baiona contará cun calendario de visitas guiadas mensuais que se estenderá ata final de ano, consolidando así unha proposta cultural permanente.

