HomePontevedraA ParadantaVolve a unicade móvil de "Coidados Porta a Porta" a Arbo

Volve a unicade móvil de “Coidados Porta a Porta” a Arbo

- Anuncio -spot_img
  • A unidade móbil de “Coidados porta a porta” estará na Rúa Luis Cubelas (lado de Correos) os días 26 – 27 – 28 xuño de 2023
  • O programa,da Xunta de Galicia, ofrece servizos gratuitos de podoloxía, “audioloxía” e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos con cita previa. A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través do programa “Coidados Porta a Porta”, prestará, de xeito gratuito, unha serie de servizos destinados ás persoas maiores, en unidades móbiles que percorrerán diferentes concellos do medio rural das 4 provincias galegas e visitará novamente o concello de Arbo, por terceira vez, os días 26 – 27 – 28 xuño e estará situado na Rúa Luis Cubelas, o lado da oficina de Correos.

Os servizos, que se prestarán en Arbo, baixo cita previa, serán os seguintes:

• Servizo de prevención da xordeira: atención básica, informativa e de prevención.
• Servizos de podoloxía: para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de uñas)
• Servizos de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Consistente en: realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

As unidades móbiles dispoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida (conta con plataforma elevadora).

Publicacións Relacionadas