O Concello de Baiona quere nesta edición 2024 da Festa da Arribada darlle máis importancia ao transfondo histórico desta importante efeméride. Por iso desde a Concellería de Cultura organizouse un ciclo de conferencias con temática vinculada co feito histórico na Casa da Navegación de Baiona:
Mañá, mércores 28 de febreiro ás 20:00h haberá un relatorio baixo o título “Martín Alonso Pinzón. O Mariño que adiantou a Colón”, a cargo da Doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid Dª. María Jesús Sío.
O xoves 29 á mesma hora será a quenda da Doutora en Historia da arte Dª. Carmen Manso Porto. Biblioteca da Real Academia de Historia que falará de: “ “A vila e o porto de Baiona no século XV”.

