HomeTabeirósA EstradaXa abonda de políticas cara para a galería

Xa abonda de políticas cara para a galería

- Anuncio -spot_img

Xoán Reices: “é unha indecencia gastar 140.000 euros en xardíns, cando hai máis de 30 familias en lista de agarda do servizo de axuda no fogar”

O goberno municipal da Estrada anunciou a semana pasada o gasto de fondos da Deputación por valor de 140.000 euros para diversas zonas axardinadas do noso concello. Unha parte deste gasto adicarase a un photo-call na alameda, cunhas letras grandes co nome do concello, alumeado con letras led.

Segundo explicou o concelleiro do BNG, Xoán Reices, “é unha indecencia gastar 140.000 euros en xardíns, cando hai máis de 30 familias en lista de agarda do servizo de axuda no fogar; son máis de 30 persoas dependentes que precisan dun servizo que o concello non lle dá, por que ‘disque’, non hai cartos”.

“Mais se isto é grave”, explica Reices, “tamén o é que o concello ten a monte centos de quilómetros de viais municipais, desde o BNG denunciamos por exemplo o estado dos acceso a Requián ou no Souto de Vea, cuxos remendos duran dous telexornais”.

Publicacións Relacionadas