Xa está aquí a programación especial do Nadal en Salvaterra de Miño

adminON
Lectura mínima de 2

O venres 20 de decembro ás 19:30 horas terá lugar a inauguración da decoración da  Praza creada como en anos anteriores por alumnos e alumnas dos centros educativos e  do módulo de carpintaría do IES Salvaterra de Miño.  

O mes de decembro é un mes especial para as familias e por iso dende o Concello de  Salvaterra de Miño elaborase un ano máis un programa con actividades e iniciativas  culturais que terá lugar durante as vindeiras semanas.  

A programación de Nadal inclúe datas importantes como a visita de Papá Noel, o  Apalpador ou os Reis Magos pero tamén actividades moi aclamadas como a tradicional  San Silvestre que este ano parte dende Monção ou o Mercado de Nadal que repite  despois de celebrarse o pasado ano a primeira edición.  

Precisamente o mercado, que terá lugar os días 20, 21 e 22 decembro, coincide coa  inauguración da decoración da Praza do Concello na que participan os centros  educativos e o módulo de Carpintaría do IES Salvaterra de Miño e que é un dos puntos  diferenciadores e únicos da decoración de Nadal. Estas figuras e creacións en madeira  que fan os alumnos e alumnas tamén se poderán ver noutros puntos do casco urbano. 

Co fin de servir de guía para veciños, veciñas e visitantes elaborase esta programación  onde non faltan as actuacións de Nadal das asociacións culturais e deportivas do noso  municipio sen esquecer actividades infantís como o obradoiro de adornos da Biblioteca,  o contacontos “O Censor de Monstros” ou as obras “Ollo Piollo” e “Running”; ademais  de cine, concertos, festivais, teatro e outras actividades.  

Toda a programación e datas están no díptico que se adxunta a continuación.

Comparte este artigo