Pode descargarse na web do Concello. O prazo máximo para a presentación de solicitudes rematará o 14 de febreiro ás 23.59 horas.
O Concurso de Mascarillas de Entroido xa ten as súas bases dispoñibles na páxina web do Concello de Marín, para poder concorrer á participación no certame, co que o Concello pretende promover a creatividade da veciñanza e fomentar o aspecto artístico e o carácter tradicional do Entroido.
Así a todo, o Concello quere remarcar e deixar claro en todo momento que as mascarillas decoradas simplemente serán un adorno e que non deben utilizarse para outra cousa que non sexa o concurso ou, de xeito ornamental, sobre unha mascarilla que conte con todas as medidas sanitarias esixibles para ser utilizada como medio de protección fronte ao virus.
O prazo máximo de presentación do anexo para participar no concurso será o 14 de febreiro ás 23.59 horas. Poderán participar todos os veciños e veciñas da localidade que estean empadroados e, no caso dos menores de idade, que estean matriculados nalgún dos centros de ensino de Marín.
Para facelo, será preciso encher o anexo antes mencionado, que pode descargarse na web do Concello. Unha vez cumplimentada, poderá presentarse enviando un correo a concursos@concellodemarin.es, a través da sede electrónica ou físicamente no Rexistro, con cita previa (pode pedirse a través deste enlace https://cutt.ly/ejKPcWo ou chamando ao teléfono 986 88 03 00). Prégase priorizar as vías telemáticas dada a situación sanitaria.
A maiores, haberá que enviar un mínimo de 2 fotografías ao correo concursos@concellodemarin.es, indicando o nome e apelidos e o número de teléfono da persoa que concursa.
O xurado estará formado por representantes do Concello e das asociacións tradicionalmente vinculadas co Entroido, coas que o Goberno local contou desde o primeiro momento para organizar esta festa alternativa.
Premios
Establécense dúas categorías, nas que se valorarán en conxunto a creatividade, a orixinalidad e o deseño das mascarillas:
1ª.- ADULTOS/AS (MAIORES 18 ANOS):
1º premio: 300 €
2º premio: 200 €
3º premio: 100 €
Sorteo entre todas as persoas participantes, agás as gañadoras nesta modalidade, por valor de 100€.
2ª.- NENOS/AS (MENORES DE 18 ANOS)
1º premio: 200 €
2º premio: 150 €
3º premio: 100 €
Sorteo entre todas as persoas participantes, agás as gañadoras nesta modalidade, por valor de 100€.
As persoas gañadoras daranse a coñecer como moi tarde o día 17 de febreiro de 2021, mediante teléfono, mail ou publicitándoo nas redes sociais do Concello e na prensa