• O concerto será o vindeiro 14 de xullo, ás 22 h, no exterior do pavillón municipal
O 14 de xullo chega ao Porriño banda Taburete.
A súa xira “Caminito a Matadero” fará parada na vila do Louro no marco dos concertos do Xacobeo 21-22 dándonos a oportunidade de disfrutar dos seus grandes éxitos e tamén dos temas novos. Será ás 22 h no exterior do Pavillón Municipal.
As entradas xa están á venda, cun prezo de 10 euros, na seguinte ligazón: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/exterior-pavillon-de-deportes/14178–taburete.html