HomeBaixo MiñoA GuardaXa están dispoñibles as bases para o Desfile de Entroido 2023 da...

Xa están dispoñibles as bases para o Desfile de Entroido 2023 da Guarda

- Anuncio -spot_img
  • O desfile celebrarase na tarde do martes 21 de febreiro, mantendo o formato para Comparsas, Carrozas e Grupos

O martes día 31 de xaneiro foron publicadas as bases que rexerán o Desfile do Martes de Entroido 2023, que como cada ano partirá da rúa Porto Rico ás 17:30h. continuando o seu percorrido pola Rúa Galicia ata a Alameda.

Os interesados en participar no desfile poderán inscribirse a partir do vindeiro martes día 7 de febreiro e ata o luns 13 de febreiro nas categorías de Carroza, Comparsa ou Grupo. A inscrición realizarase no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica.

Os participantes poderán optar a compensación económica  segundo a orde de inscrición nas diferentes categorías:

CATEGORÍAS

 DescriciónAXUDA DIRECTA Á PARTICIPACIÓN
CARROZAGrupo mínimo 6 persoas enriba dun ou varios móbiles representando unha temática común.290€*
COMPARSAGrupo mínimo de 10 persoas que representen con acompañamento musical230*
GRUPOComposto por un mínimo de 4 e un máximo de 9 persoas100*
* Terán dereito ó cobro desta axuda económica as 10 primeiras carrozas ou comparsas que se inscriban, así como os 6 primeiros grupos. Ou en calquera caso ata esgotamento do crédito

Consulta as bases completas aquí

Descarga os formularios de inscrición aquí

Publicacións Relacionadas