Home Pontevedra O Salnés Xabier Rodríguez: “A acción social a favor da muller e da mocidade...

Xabier Rodríguez: “A acción social a favor da muller e da mocidade deben estar no centro das políticas municipais”

- Anuncio -

Integrar a perspectiva de xénero nas políticas municipais, en todos os programas actuacións e documentos, do propio concello e das entidades contratadas.

O candidato do BNG á Alcaldía de Vilagarcía, Xabier Rodríguez Paz, en relación ao simbolismo que se escolleu como remate da campaña electoral, salienta que “para o BNG a causa de xustiza social que demanda acción transversal a favor da muller e da mocidade deben estar no centro das políticas municipais e, por iso, decidimos facer os dous últimos actos de diálogo coa xente no encontro coas mulleres e rematar no acto público aberto coa mocidade coa que concluirá a campaña; e no primeiro dos casos no ámbito periférico”.

O encontro, celebrado este xoves en Vilaxoán lugar escollido para apostar pola descentralización, para presentar os compromisos da candidatura nacionalista a favor das mulleres, serviu para compartir reflexión sobre aspectos que se relacionan en materia de igualdade, xa que o BNG ten na súa esencia política a defensa dos dereitos das mulleres e a loita por unha sociedade verdadeiramente igualitaria; sabendo que é fundamental unha política activa desde o concello que confronte o patriarcado, que defenda os dereitos das mulleres e que esixa mudanzas xurídicas e sociais. Actuación municipal que debe desenvolverse en tres áreas: Participación e acceso á información e aos recursos; promoción da igualdade entre homes e mulleres, e abordaxe integral da violencia de xénero.

Velaí o apoio do BNG ao IV Plan de Igualdade Municipal do Concello, 2022-2026, que é papel mollado sen a “realización dunha ordenanza municipal de igualdade de xénero que garanta o cumprimento”; do mesmo xeito que é necesario a “modificación dos estatutos do Consello Local da Muller co obxectivo de incorporar novas asociacións, colectivos e xente nova que traballen pola igualdade e que impulsen o funcionamento do grupo”; indicados no PIOM.

A muller e a mocidade son dous colectivos que sufriron historicamente a discriminación, a exclusión e a violencia na nosa sociedade. Por iso, é imprescindible que as políticas municipais oriéntense a garantir os seus dereitos, promover a súa participación e mellorar a súa calidade de vida. Non se trata só dunha cuestión de xustiza social, senón tamén dunha necesidade para o desenvolvemento sostible e inclusivo da colectividade social en Vilagarcía. Situar á muller e a mocidade no centro das políticas municipais significa recoñecer a súa diversidade, as súas demandas e as súas potencialidades, e ofrecerlles os recursos e as oportunidades que necesitan para ser axentes activos de cambio social.

Para o BNG, promover a igualdade entre homes e mulleres pasa por fomentar a mudanza de valores, rompendo co modelo actual de socialización sexista, promovendo novas formas de ser mulleres e homes e avanzando nun modelo de relacións simétricas. Para iso despregaremos todas as accións que foren precisas no ámbito municipal, entre elas:
✓ Impulsar actuacións dirixidas a garantir o acceso e a permanencia das mulleres no traballo en condicións de igualdade.
✓ Mellorar as condicións laborais en sectores de emprego feminizados.
✓ Impulsar e apoiar a economía social e iniciativas que incorporen a perspectiva de xénero no seu funcionamento e posibiliten menor dependencia de acceso a recursos.
✓ Apoiar e promover a iniciativa das mulleres en proxectos innovadores de actividades profesionais. Vilagarcía merece contar cun plan de impulso ao traballo da muller.
✓ Favorecer a conciliación e a responsabilidade compartida da vida persoal, laboral e familiar. Polo tanto, incrementar número de prazas, duración e frecuencia de Ludotecas, Campamentos urbanos. Xestión para dotación de Centros de Día, Residencia par maiores, Plan Madruga, Escolas infantís, Transporte escolar ….
✓ Incorporar cláusulas sociais na contratación pública, coa finalidade de favorecer a selección de empresas que destaquen pola súa política en prol da igualdade.
✓ Promover a alfabetización informática das mulleres para combater a fenda aínda existente na formación e uso das novas tecnoloxías.
✓ Fomentar o incremento da implicación social das mulleres, promovendo o asociacionismo e a súa participación activa na toma de decisións da comunidade.
✓ Xerar estratexias para que as mulleres avancen na ocupación do espazo público.

✓ Romper co ritualismo de moitas campañas conmemorativas das datas que lembran a loita das mulleres para ir de verdade ao centro do problema, co propostas e mensaxes arriscadas e novas, que peten na conciencia colectiva nomeadamente no 8 de marzo e no 25 de novembro.
✓ Integrar a perspectiva de xénero nas políticas municipais, en todos os programas actuacións, documentos… tanto do propio concello como das asociacións e empresas que traballen co concello. Nos casos en que for preciso, estabelecer parámetros de discriminación positiva.
✓ Abordar integralmente a violencia de xénero para loitar contra o crime máis frecuente
no mundo, expoñente da máxima expresión da desigualdade e dominación
masculina. Isto leva parello o fortalecemento da consciencia colectiva, social e
política; da autonomía e crecemento das mulleres; o coidado a si propia, e o traballo
directo coas vítimas.
✓ Manter e fortalecer o Centro de Información ás Mulleres (CIM), e dos seus servizos de atención psicolóxica e legal, como recurso fundamental en materia de prevención e mesmo de atención directa e integral ás vítimas de violencia de xénero.
✓ Apoiar as asociacións que traballan coas mulleres que son ou foron vítimas de violencia machista.
✓ Promover a presenza das mulleres con visión de xénero nos lugares de decisión de asociacións, entidades e organismos.
✓ Avaliar a prestación directa do Servizo de Atención no Fogar, municipalizado.
✓ Aportar espazos municipais para as entidades e asociacións feministas.
✓ Darlle prioridade a denominación de rúas no recoñecemento das mulleres que no ámbito local de Vilagarcía, no galego e mesmo no universal constitúen modelos de referencia, de xeito que ocupen as novas rúas ou ás que sen demora deben mudar o seu nome en cumprimento da norma legal relacionada coa Memoria Democrática,
✓ Máximo apoio a certames e festivais das mulleres (FESTIVALA…).

E aínda outros aspectos relacionados coa actividade deportiva (promoción pública da información dos equipos femininos), das iniciativas en materia de Artes Escénicas, Musicais e Culturais ou en relación aos espazos de lecer e socialización. E na cultura do feminismo.

Relacionadas

O Museo da Ciencia do Viño acollerá durante o mes de maio unha exposición...

0
Constante González é un artesán da madeira que traballa co torno creando pezas únicas e moi laboriosas. Constante é de San Roque na parroquia de...

A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez asiste á clausura da Asemblea de empresas de...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á clausura da Asemblea de empresas do Clúster de Automoción e Mobilidade de Galicia...

A Xunta apoia o Campionato do Mundo de Endurance que converterá Sanxenxo esta semana...

0
O secretario xeral para Deporte destacou o potencial de Galicia como sede de eventos internacionais da motonáutica e, en xeral, para acoller probas deportivas...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á terceira xornada Triple Hélice organizada polo Foro Empresa...

0
O vicepresidente primeiro da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe á terceira xornada Triple Hélice do Foro Empresa Pontevedra, que levou por título...

O Goberno de Caballero bloquea unha iniciativa do BNG reclamando a alta velocidade entre...

0
A fronte nacionalista trasladou unha proposta de declaración institucional para o vindeiro Pleno municipal que foi vetada pola maioría do PSOE e que o...

Continúa a restauración ambiental do río Couso

0
O sábado 4 de maio retomamos as actividades de restauración ambiental no río Couso mediante a retirada de residuos e a extracción de especies...

Publicacións Relacionadas