HomePontevedraO SalnésXabier Rodríguez: “Comprometemos unha xestión política próxima a xente para solucionar os...

Xabier Rodríguez: “Comprometemos unha xestión política próxima a xente para solucionar os seus problemas cotiás”

- Anuncio -spot_img

Coa veciñanza do Parque da Coca, viuse a necesidade de urxir unha solución á limpeza de fincas; cortar as polas de arbores que invaden fiestras e melloras na ordenación do tráfico.

O candidato do BNG á Alcaldía de Vilagarcía, nas pasadas eleccións municipais, agora concelleiro aleito, Xabier Rodríguez Paz, xunta o aínda portavoz, Xosé L. Leirós, veñen de manter un encontro coa asociación Fonte da Coca para abordar problemas que soporta a veciñanza deste barrio, de fácil solución coa intervención dos servizos municipais, sen precisar de trámites complexos. Ente eles, pola importancia medioambiental, de prevención fronte a potenciais incendios e de seguranza sanitaria, está a demanda de que se obrigue, aos propietarios dos predios que lindan con este espazo residencial, ao cumprimento da
“RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2020 relativa á xestión da biomasa, limpeza, roza e mantemento tanto en montes e terreos forestais, ou en predios en solo rústico que alberguen especies vexetais leñosas ou herbáceas, como nos predios existentes en solo urbano, urbanizable e de núcleo rural”.

Con todo, dúas actuacións piden intervención prioritaria, de simple execución polas equipas do concello: Cortar as polas que están invadindo fiestras e outros ámbitos de edificacións, dentro do conxunto arbóreo que polo seu crecemento require tamén unha ulterior actuación, no tempo técnico aconsellábel e con máis control, para ordenar este conxunto do parque.

A outra é a necesidade de sinalar a prohibición de aparcamento para vehículos, no cruce da rúa Bubela coa rúa Florida, na parte da beirarrúa curvada que está ao carón do muro de peche da área do “circuíto pump track”, facilitando a circulación segura de vehículos e peóns.
Estas peticións son parte das necesidades de actuación neste ámbito residencial: Reparación do muro do Río Con, Parque infantil, iluminación… Tarefa do novo Goberno local.

Publicacións Relacionadas