HomePontevedraO SalnésXabier Rodríguez Paz, o candidato do BNG, continúa o proceso de escoita...

Xabier Rodríguez Paz, o candidato do BNG, continúa o proceso de escoita e contacto con asociacións, colectivos e veciñanza

- Anuncio -spot_img

No Centro Sociocultural de Vilaxoán vén de manter un encontro coa meirande parte da representación do tecido vivo deste histórico concello para escoitar a súa demanda.

Na xuntanza foron moitas as peticións e suxestións comentadas, todas elas contempladas como un proxecto común de revitalización dunha Vilaxoán que é olla o abandono da que é vítimas polo desleixo do Concello e doutras administracións, furtando actuacións e melloras que eviten a riada emigratoria da súa xente moza de cara a outros lugares do municipio, empobrecendo así o futuro desta antiga vila-concello.

Así comparte coa Plataforma Sur (AVV de Vilaxoán, Faxilde e Sobradelo) e exixencia de acometer actuación urxente de seguridade distintos puntos como Veiga do Mar, Rúa Ameixeiras, a Avenida de Vilanova (PO-549) e, tamén, mellora perentoria de saneamento e de evacuación de augas pluviais cara ao mar, por estar obsoleta.

Con todo, revitalizar o seu ámbito pasa pola definición dun PXOM que abra Vilaxoán ao mar e a cesión para uso público dos terreos de Portos de Galicia, mudando a incomprensíbel situación de titularidade actual

Os colectivos veciñais defenden unha urbanización e humanización integrais e sostibles, acordes coa estética dos edificios históricos e mariñeiros, o remate de obras licitadas e inacabadas pola creba das empresas, e o coidado e posta en valor do patrimonio cultural e monumental que constitúan unha oportunidade para o arraigo e fixación de poboación estable que cree vida, en lugar da tendencia doutras vilas costeiras a propiciar a recuperación de vivendas con afán especulativo para uso turístico.

No marco dunha longa conversa e diálogo non faltou tampouco unha mención espacial á hostalería ( en relación ás taxas abusivas de Portos de Galicia) e á praza de abastos “descoñecida até moi pouco para algún membro do equipo de goberno municipal, ausente das campañas de dinamización das prazas de abastos do municipio, na que se prevé un investimento para a súa reforma”. Os concesionarios de postos demandan que se lles escoite á hora de elaborar o proxecto, para non repetir erros detectados en reformas doutras localidades, e que se lle dea publicidade institucional.

Representantes da Coral e do Club de Remo, respectivamente, demandaron condicións dignas para poder desenvolver as súas actividades na outra Casa da Cultura, a que está no ámbito da edificación do Fogar do Pescador; e aclaracións sobre o futuro da entidade deportiva, á que lle vai caducar a concesión das instalacións que veñen utilizando, á vez que se lamentaban do retraso sufrido nas obras ao longo destes últimos dous anos de restricións e limitacións, que a piques estiveron de levala á súa desaparición.

O candidato á Alcaldía polo BNG, que estivo acompañado na reunión con outras persoas que forman parte da candidatura electoral, agradece o proceso de diálogo que lle ofreceu esta sobranceira representación das entidades, asociacións e colectivos de Vilaxoán, asumindo o compromiso de atender unhas peticións e demandas, tanto as puntuais como as estratéxicas, que sendo xustas, necesaria e moitas urxentes teñen o seu apoio.

Publicacións Relacionadas