Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Deza Xantar caseiro para celebrar o primeiro aniversario do Centro de Día de...

Xantar caseiro para celebrar o primeiro aniversario do Centro de Día de Torroso

- Anuncio -

A alcaldesa achegouse a cociñarlles empanadas de carne e o menú completouse con tortillas, postres variados e outras viandas aportadas pola veciñanza da parroquia

Mos, e toda a parroquia de Torroso en concreto, quixeron volcarse hoxe coas súas contribucións para celebrar o primeiro aniversario do Centro de Día para maiores O Son do Regueiro.

O grupo de acordeóns da Escola de Música achegouse a amenizarlles a xornada a usuarios e traballadores do centro, e a veciñanza da zona preparoulles os seus mellores pratos para que puideran degustar durante o xantar de hoxe. Precisamente para elo achegouse ata alí a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada polo seu tenente de alcaldesa, Camilo Grandal.

A rexedora local mosense cociñoulles na cociña do propio centro unhas empanadas de carne que formaron parte do menú do xantar de hoxe que se completou con tortillas, postres variados e outras viandas aportadas por veciños e veciñas da parroquia.

Un total de 27 usuarios e usuarias do Centro de Día degustaron este mediodía un menú especial e moi caseiro para celebrar o primeiro ano de vida de O Son do Regueiro.

Pola súa banda a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, descacou “o gran labor do Centro de Día de Torroso no coidado dos nosos maiores, parte fundamental da nosa sociedade, aos que tanto lles debemos, e aos que me honra poder cociñarlles hoxe”. “O principal ingrediente destas empanadas que lles estou a preparar é un inmenso cariño”, apuntou.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas