Home Tabeirós A Estrada Xoán Reices pedirá na xunta de portavoces do martes unha resposta conxunta...

Xoán Reices pedirá na xunta de portavoces do martes unha resposta conxunta para frear o parque eólico do Campo das Rosas

- Anuncio -

O momento da verdade chegou: o PP e López teñen que demostrar que están cos veciños e veciñas de Sabucedo, non con Naturgy

No día de onte o Diario Oficial de Galiza publicaba o acordo da Xunta outorgando “a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública” do parque eólico do Campo das Rosas, que Naturgy vai construír en terreos forestais dos montes da Estrada, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade.

Desde o BNG da Estrada xa alertamos no seu momento do impacto que vai ter este parque eólico sobre o medio ambiente, pero máis concretamente sobre a fauna cabalar e, obviamente, sobre a Rapa das Bestas, a festa máis importante do noso concello, declarada de interese turístico internacional.

Tamén no seu momento reclamamos ao Partido Popular, e máis concretamente ao alcalde da Estrada, José López, que tomara a iniciativa para frear este parque eólico de Naturgy. Pois ben, o momento da verdade chegou, o PP e López, teñen que demostrar que están cos veciños e veciñas de Sabucedo ou están coa eléctrica, que vén espoliar os nosos recursos para enriquecer aínda máis os seus accionistas.

O tempo apremia, xa que só hai dous meses de prazo para presentar un recurso diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. E a autorización por parte da Xunta non pode ser máis inoportuna, xa que a día de hoxe formalmente a corporación non se constitúe até o 17 de xuño e até ese día non se producirá a investidura do alcalde. Neste sentido, desde pediremos na reunión da xunta de portavoces do vindeiro martes unha resposta conxunta e consensuada mediante un recurso diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que free este parque eólico. Urxe actuar xa.

Desde o BNG analizaremos todas as posibilidades que teñamos o noso alcance para frear esta desfeita para o noso patrimonio e o noso medio ambiente.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas