Home Tabeirós A Estrada Xoán Reices: “Un goberno do BNG pelexará pola Variante e a mellora...

Xoán Reices: “Un goberno do BNG pelexará pola Variante e a mellora da seguranza da N-640”

- Anuncio -

“Un alcalde do BNG non calará ante o elevado número de accidentes, como fai o PP, esixiremos solucións e para iso contamos coa axuda do noso deputado Néstor Rego, que el si, é o único deputado que defende os intereses dos veciños e veciñas en Madrid, mentres o outro, o do PP, que é da Estrada, non fai nada pola Variante nin pola seguranza vial”, afirma

O BNG da Estrada celebrou esta tarde o seu acto central de campaña na Praza da Música da vila. O acto contou coas intervención de Xoán Reices, candidato á alcaldía, Vanesa Iglesias, número 2 da candidatura nacionalista, e Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso.

O candidato do BNG, Xoán Reices, afirmou que “un goberno do BNG abandonará a zona de confort na que está instalado o goberno de López desde hai 12 anos, un goberno que só fai o que lle ditan as consultoras e as grandes empresas, deixando sós aos veciños e veciñas, como ocorre co bum eólico depredador que asolaga os nosos montes, no que ten responsabilidades non só o goberno da Xunta, senón tamén o goberno de Madrid”.

Xoán Reices engadiu que “un goberno do BNG terá entre as súas prioridades pelexar pola Variante, paralizada desde hai anos polo nulo interese de PSOE, que goberna agora, e PP, que gobernou hai uns anos.” “Para o actual alcalde a Variante só é unha proposta máis do seu programa electoral, pero non entra dentro dos seus plan reclamar do Estado a construción desta infraestrutura que nós cremos clave para o desenvolvemento da Estrada”, afirma.

O candidato nacionalista indica que “é hora de acabar cos atascos e cos centos de coches que atravesan a vila, co risco que iso supón para os veciños e veciñas e o tempo que se tarda en cruzar unha vía inzada de semáforos e pasos de peóns”.

“Neste sentido”, engadiu o candidato á alcaldía do BNG, “outra das nosas prioridades ante o goberno de Madrid, será reclamar medidas de seguranza vial para a N-640 ao seu paso por todo o concello”. “Un alcalde do BNG non calará ante o elevado número de accidentes, como fai o PP, esixiremos solucións e para iso contamos coa axuda do noso deputado Néstor Rego, que el si, é o único deputado que defende os intereses dos veciños e veciñas en Madrid, mentres o outro, o do PP, que é da Estrada, non fai nada pola Variante nin pola seguranza vial”, afirma.

Por outra parte, o deputado do BNG no Congreso confía na capacidade do BNG da Estrada para conseguir liderar o vindeiro goberno municipal, con Xoán Reices na alcaldía, para poder desenvolver políticas verdadeiramente transformadoras que muden, en positivo, a vida da xente. “Aspiramos a estender e mellorar os servizos públicos, así como dotar de máis recursos o Concello. Mais, para iso, o BNG na Estrada non só contará cos concelleiros nacionalistas senón que terá o apoio dunha organización enteira como o BNG que ten experiencia e proxecto de futuro para este concello” salienta.

“A marca de concellos BNG é unha marca de prestixio dentro dun proxecto nacionalista que aspira a mudar a realidade do País e que cumpre todo aquilo co que se compromete” afirma Rego.

Unha organización da que tamén pon en valor o traballo realizado no Congreso que, grazas ao traballo do conxunto da militancia do BNG, “non existe problema nin solución que o BNG non levara á cámara baixa para reclamar ao Goberno do Estado que atenda as necesidades do País”. Neste sentido, Rego destaca o papel da formación nacionalista no Congreso, defendendo de maneira incansábel os intereses dos galegos e galegas, así como das maiorías sociais e as clases populares.

Relacionadas

A concello abre o prazo de inscrición para participar no XXXIX Festival dos Maios

0
Organiza este concurso, dotado con 300 euros en premios, en colaboración coa asociación de veciños Santa Columba de Bértola O Concello de Vilaboa convoca a...

A Biblioteca Pública de Baiona consolídase como un referente

0
A Biblioteca Pública continúa celebrando o mes do libro con novas adquisicións tanto para adultos como para nenos, mantendo o seu compromiso de actualizar...

O Erizana C.F. asegura o ascenso a Primeira Galicia

0
O Erizana Club de Fútbol logrou asegurar o seu ascenso a Primeira Galicia tras unha destacada vitoria a domicilio fronte ao Vila do Corpus,...

Luis López traslada ao alcalde de Vilanova que a Deputación ultima o proxecto da...

0
O presidente provincial, acompañado polo deputado Javier Tourís, mantivo unha reunión co rexedor vilanovés para abordar asuntos de interese mutuo para as dúas institucións O...

Literatura, flores e música na Feira do Libro de Segunda Man do Rosal

0
Celebrarase este domingo 21 de abril na Praza do Calvario de 11.00 a 20.00 horas O Rosal prepárase para conmemorar o Día do Libro por...

O BNG inicia unha ofensiva institucional para a cesión das vivendas da Sareb a...

0
A fronte nacionalista traslada iniciativas no Concello, no Parlamento galego e no Congreso para que o ‘banco malo’ destine os centos de inmóbeis que...

Publicacións Relacionadas