– O Concello de Redondela ofrece actividades de balde durante as vacacións escolares de Semana Santa. O programa “Primavera en Xogo” está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Realizarase nos Multiúsos da Xunqueira, Redondela, e o Piñeiral do Crego, en Chapela. Comezará o 30 de marzo, ata o 1 de abril, e o 6 de abril,ven horario de 9.00 a 14.00 horas.
-A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que estas actividades responden ao seu compromiso coas familias “poñendo en marcha iniciativas durante todo o ano cunha oferta didáctica e lúdica coa que cubrir as vacacións escolares da rapazada”.
A concellería de Infancia, que dirixe Iria Vilaboa, organiza actividades para nenos e nenas de 3 a 12 anos durante as vacacións escolares de Semana Santa. O programa “Primavera en Xogo” estará dispoñible en Redondela e Chapela, nos Multiúsos da Xunqueira e o Piñeral do Crego, respectivamente. As actividades son gratuítas e desenvolveranse os días 30 e 31 de marzo, e o 1 e 6 de abril, en horario de 9.00 a 14.00 horas. A rapazada que participe poderá gozar con xincanas, obradoiros de manualidades, teatro, xogos, baile e outras sorpresas.
A alcaldesa, Digna Rivas, explica que esta iniciativa pretende ofrecer ás familias “un tempo de lecer educativo para nenos e nenas que lles permitan compartir experiencias con toda a rapazada e aprender de xeito lúdico, cunhas horas de ocio de calidade durante as vacacións escolares”. A rexedora sinala que estas actividades responden ao seu compromiso coas familias “poñendo en marcha iniciativas durante todo o ano cunha oferta didáctica e lúdica para favorecer a conciliación familiar”.
As actividades son de balde, con prazas limitadas que se adxudicarán por orde de inscrición. A inscrición pode facerse no Multiúsos da Xunqueira, no caso dos obradoiros en Redondela, e no Multiúsos do Piñeiral para os obradoiros en Chapela, ata completar aforo. Pode facerse de xeito presencial nos propios centros, ou a través dos teléfonos 986 40 28 65 en Redondela e no 986 45 42 26 en Chapela.



