HomePontevedraA ParadantaXornada informativa sobre dereitos en servizos financeiros

Xornada informativa sobre dereitos en servizos financeiros

- Anuncio -spot_img

O Concello de Arbo, en colaboración co Instituto Galego de Consumo e da Competencia, organiza unha xornada informativa sobre dereitos básicos das persoas consumidoras en servizos financeiros.

A xornada terá lugar o vindeiro venres 26 de xaneiro de 2023, ás 11:00 horas, na sala de Conferencias do Museo Arabo.

Como persoas consumidoras de produtos bancarios enfrontámonos a diario a conceptos e situacións complexas, como poden ser os créditos ao consumo ou as tarxetas revolving. De aí que, unha educación financeira plenamente accesible ao conxunto da sociedade reduce os riscos de exclusión e alenta ás persoas consumidoras a planificar, contribuíndo tamén desta maneira a dar a coñecer a conta de pago básica e a evitar o sobreendebedamento.

A participación é totalmente de balde.

Publicacións Relacionadas