HomeVigoBaiona“Xornadas de Integración Xeracional” en Baiona

“Xornadas de Integración Xeracional” en Baiona

- Anuncio -spot_img

Este ano o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona iniciou un novo programa denominado “Estimulación Terapéutica”, coordinado coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer ( AFAGA) de Vigo.

“A detención da necesidade do mesmo, partiu do programa iniciado xa no 2019 “ Cultiva a túa mente”, desde onde se detectaron as necesidades dunha poboación que durante anos estivo esquecida pero para o actual goberno son parte primordial da nosa vila e por iso traballouse na prolongación dunha nova especialidade que as veciñas e veciños de Baiona viñan demandando”, destaca a Concelleira de Servizos Sociais, Concepción Vara Rodríguez.

O programa de Estimulación Terapéutica, non só incide nas e os usuarios, se non que abarca toda a súa contorna familiar e social, dando así un valor único, onde o coidador ou coidadora recibe o seu espazo de tempo e todo a información e apoio necesario ás súas inquietudes, dúbidas, ademais dunha atención personalizada se o precisa.

A sociedade visibiliza un escenario e realidade diferente de como, porqué, e agora atopan unha integración compartida.

Cada semana, realízanse actividades diferentes, baseadas nas propostas dos e as usuarias, as observacións dos profesionais, a colaboración das Técnicas e a edil responsable do Departamento de Benestar Social.

Entre estas actividades, cabe destacar a que se levou a cabo como “Xornadas de Integración Xeracional”, onde o alumnado do C. P.I. de Cova Terreña, pola súa inquietude cara ás persoas maiores, o saber como estaban a pasar a situación tan excepcional e atípica que nos tocou vivir da man dos seus profesorado, compartiron unha experiencia inesquecible para ambas as xeracións, deixando un día influente nas súas memorias cheas de sensacións e achegas.

Así mesmo, as usuarias e usuarios do programa, trasladaron a todo persoa, familia e amizades, o día tan agradable vivido.

Esta actividade, é unha máis das que se van desenvolvendo no transcurso do programa e que proporcionan unha relevancia saudable nas vidas das persoas participantes e as súas familias, constituíndo así a calidade de benestar que lles corresponde por dereito.
O Alcalde, Carlos Gómez Prado, conclúe“en que non cesarán en buscar e poñer ao dispor da cidadanía todos os recursos necesarios que as veciñas e veciños de Baiona merecen”.

Así mesmo, agradecen á comunidade educativa se sensibilidade e labor realizada para dar visibilidade e concienciar nos dereitos deste colectivo moitas veces esquecido.

Publicacións Relacionadas