Home Tabeirós Forcarei Xunta e concello iluminan o estadio de futbol "As Maleitas" cunha achega...

Xunta e concello iluminan o estadio de futbol “As Maleitas” cunha achega de máis de 85.000 euros

- Anuncio -

_Lete Lasa destaca que os catro soportes de 18 metros de altura e instalación de proxectores con tecnoloxía LED plenamente operativos “mellorarán notablemente a práctica do fútbol no estadio municipal no que disputa os seus partidos a Escola de Fútbol Base Terra de Montes que conta con máis dun medio centenar de licenzas base e femininas”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, supervisou na mañá de hoxe, acompañado polo delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López, e da man da alcaldesa, Verónica Pichel, o estado final do proxecto de iluminación do estadio de fútbol municipal ‘As Maleitas’ ao abeiro do convenio de colaboración asinado co concello por importe de máis de 85.000 euros (85.189,88 euros).

O campo de fútbol ‘As Maleitas’ dispón dun terreo de xogo en proceso de mellora e instalación de céspede artificial, nas proximidades do IES Chano Piñeiro. Nas súas proximidades atópanse ademais o pavillón e ximnasio municipal así como a piscina. Dispón nas súas instalacións ademais do campo, dun vestiario, grada e zona de servizos de apoio os usuarios e espectadores. Esta actuación levada a cabo polas administracións autonómica e municipal vén a resolver as deficientes condicións de iluminación para a práctica deportiva habitual en axeitadas condicións de seguridade e calidade no eido deportivo.

O secretario xeral para o Deporte destacou a importancia da “nova iluminación, máis axeitada e coa mellora tamén no eido da eficiencia enerxética”. Trátase da colocación de catro soportes de 18 metros de altura e instalación de proxectores con tecnoloxía LED plenamente operativos que “mellorarán notablemente a práctica do fútbol no estadio municipal no que disputa os seus partidos a Escola de Fútbol Base Terra de Montes que conta con máis dun medio centenar de licenzas base e femininas”.
Neste exercicio 2022, a Secretaría Xeral para o Deporte conta cun orzamento inicial de 32.489.463 euros que sobe lixeiramente sobre o inicial de 2021 (32.474.216 euros). Deste total, a contía destinada para obras de construción e reforma de infraestrutura deportiva acada os 11,3 millóns de euros, un 24% máis que o destinado en 2021 (9,15 millóns) e que xa ascendera un 118% con respecto a 2020.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas