Home Pontevedra Deza XXIX Xuntanza dos Maiores nas Insuas de San Ramón en Gres

XXIX Xuntanza dos Maiores nas Insuas de San Ramón en Gres

- Anuncio -

• A concelleira de facenda Mireya Otero, consegue unha rebaixa no prezo de dous euros con respecto as anteriores edicións.

O goberno de Xuntos esta emocionado ao poder retomar novamente unha tradición, que á súa vez é un aprecio aos nosos maiores coa Festa dá Xuntanza Dos Maiores de Vila de Cruces, que debido á pandemia tívose que cancelar estes dous últimos anos, por tanto a edición que se celebrará este ano será a XXIX.

A concelleira Mireya Otero responsable de facenda, estivo traballando ao longo destes días para conseguir que a Festa dos Maiores de Vila de Cruces teña un custo alcanzable aos petos dos pensionistas, a pesar das grandes subidas de prezos que estamos a observar día a día en todos os produtos, incluídos a cesta da compra, e ela conseguiu rebaixar o prezo en dous euros, quedando para os maiores de 60 anos en 10 euros en lugar dos 12 euros de anteriores edicións.

O vindeiro xoves 18 de agosto o Concello de Vila de Cruces organiza a XXIX Xuntanza dos Maiores nas Insuas de San Ramón en Gres. A celebración empezará coa recepción dos asistentes a partir das 12.00 horas, para dar paso ás 12.15 a unha actuación musical, co Grupo de Gaitas Punteirolo.

Ás 13.30 horas oficiarase unha misa campestre previa á comida. O menú estará composto por empanada, polbo, carne ó caldeiro e sobremesa, ademais de bebidas e café.

Seguidamente ás 16.30 horas homenaxearase, como todos os anos, ao home e a muller de máis idade.

Ás 17:00 horas comezará o baile nesta edición que recupera esta tradición de homenaxe e unión de todos os nosos maiores.

Poderanse comprar as entradas no consistorio desde o día 18 de xullo ata o 5 de agosto de 10:00 a 14:00 horas. As persoas de 60 ou máis anos empadroadas en Vila de Cruces deberán abonar 10 euros, mentres que as de maiores de 15 deberán pagar 20 euros. Os nenos de 9 a 14 anos abonarán 10 euros e 0 a 9 anos poderán gozar da celebración de maneira gratuíta. Non se venderán entradas o día da festa nin tampouco unha vez finalizado o prazo o día 5 de agosto.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas