XXV Cros Escola do Val Miñor 2024

adminON
Lectura mínima de 2

O domingo, 20 de decembro, a contorna do antigo Campo de fútbol de Santa Marta será o escenario que acolla a XXII Edición do Cros Escolar do Val Miñor, coas categorías desde chupete ata xuvenil e con distintas saídas.

Esta proba acollerá as categorías cadete masculino/feminino (nacidos nos anos 2007-08), que sairán ás 10:45 h. e 11:00 h. correlativamente. Os atletas infantís masculino/feminino (2009/10) correrán ás 11:15 h e 11:25 h. A de alevín masculino/feminino (2011/12) que empezará ás 11:35 h. e 11:45 h. Os participantes benjamín masculino/feminino (2013/14) terán saída ás 11:55 h. e 12:05 h. A categoría de pre benjamín masculino-feminino (2015/16) con saída ás 12:10 h. e 12:20 h. Por último, os atletas de Cros máis pequenos serán os chupetes masculinos/feminino (nados 2017-18) que empezarán a correr ás 12:30 horas e 12:40 horas

Desde a Concellería de Deportes do Concello de Baiona convídase a ños colexios da comarca está a participar nesta proba nesta data tan especial, o seu vinte e cinco aniversario. A inscrición pode facerse no pavillón de Baiona, nos centros escolares ou a través do correo deportes@baiona.gal antes do 17 de outubro.

A proba deportiva é organizada conxuntamente pola concellería de Deportes do Concello de Baiona, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do o seu programa deportivo escolar Xogade.

Comparte este artigo