PRESENTACIÓN
CPR SEI SAN NARCISO (MARíN)* en calidade de centro que coordina esta Mostra itinerante.
IES JOHÁN CARBALLEIRA (BUEU)
IES AS BARXAS (MOAÑA)
IES MARíA SOLIÑO (CANGAS)
CPR EDUARDO PONDAL (CANGAS)
Son xa vinte seis anos de experiencia que esperamos demostrar na presente edición na que unha vez máis centros de Cangas, Moaña, Bueu e Marín poñen en común unha experiencia dramática que inclúe un total de 6 representacións das aulas de teatros dos distintos centros, unha representación do grupo invitado TEATRO ABERTO, unha intervención de danza, unha charla coloquio tras unha obra e a posta en marcha dunha nova iniciativa, o vídeo podcats da Mostra.
CARTEL DA MOSTRA
Para comezar convocamos no pasado mes de febreiro o Concurso de Cartel da Mostra aberto a calquera centro da comarca cuxo veredicto a cargo dun xurado independente formado polos profesionais relacionados co mundo da arte foi o seguinte:
Reunidos o día 26 de marzo 2024
Os membros do xurado:
Dona Rocío Gómez Juncal (Directora do Grao de Psicoloxía da Universidade Internacional da Rioja), Don Berto Fojo Ferrer (Ilustrador) e Don Alejandro López Mera (Doutorando en investigación e creación en arte contemporánea) deciden outorgar:
Premio á alumna da ESO e cartel definitivo a: Judith Diéguez García (do IES Johan Carballeira).
Premio para alumnos de bacharelato a: Sara Curra Cordero (do IES Johan Carballeira).
Ademais dunha mención especial para : Paco Ríos Sánchez (do CPR Plurilingüe Eduardo Pondal)
O PROGRAMA de ACTUACIÓNS DO 23 ao 26 de abril.
Martes 23 de abril. Comezará a Mostra cunha cerimonia de Inauguración onde se farán entrega dos premios do Concurso de Carteis e terá lugar ademais unha breve actuación do Ballet de Galicia, antre a presenza de autoridades locais e educativas.
Este mesmo día 23 de abril porase en escena a obra da aula do Colexio que coordina a Mostra, o centro Sei San Narciso. A obra As mulleres detrás de Picasso dramatización a partir da obra homónima de Eugenia Tenenbaum, coñecida historiadora da arte e comunicadora cultural, que precisamente foi invitada a asistir para realizar a seguir, despois da representación un coloquio cos actores e o público sobre o tema central da obra.
Mércores 24 Representarán os Comediantes anónimos do IES Johan Carballeira de Bueu a obra
Plan de rescate, versión e dramaturxia de Fran Paredes a partir do relato literario de ANTÍA YÁÑEZ.
A segunda obra que se representa esta xornada é a do Grupo de teatro IES As Barxas (Moaña) titulada Crónicas de días enteiros e noites enteiras
Xoves 25
Haberá tamén dúas representacións do IES María Soliño, unha do grupo da ESO, o Obradoiro de teatro, e outra do grupo Soliños de ciclos. A primeira titulada Super David e compañía, de Miguel Sandín e a segunda Teatro para neófitos sobre un texto de Pedro Pablo Riobó.
Venres 26 Terá lugar a derradeira representación, a do Grupo de teatro do CPR Eduardo Pondal de Cangas que representaran a obra: A nova Eva.
A clausura que se desenvolverá este mesmo venres, incluirá unha representación que coma sempre corre a cargo dun grupo invitado que nesta ocasión é o grupo da comarca: Teatro Aberto coa obra: A trenza dos feitos amargos, a partir do libro “Lola, filla de Cangas”, de Asun Bernárdez, autora tamén do texto dramático.
NOVIDADES
Contamos como principal novidade á hora de difundir os contidos da Mostra a creación dun Video podcats específico que se irá colgando na rede en cada xornada narrando o acontecido con este singular formato entre radiofónico e visual a partir de cada unha das representacións. Unha proposta que desenvolverá o alumnado de Tics coa súa profesora Andrea García Martínez e que está integrada nos proxectos de aula. Será unha fórmula nunca antes realizada para a posta en valor en redes dos contidos desta experiencia dramática que viviremos proximamente.
Esperamos, en definitiva, poder cumprir cos obxectivos marcados e coa expectativa ambiciosa que este tipo de iniciativas provocan como revulsivo creativo para o conxunto da Comunidade educativa do Morrazo.

