Home Vigo Mos Yara Iglesias, Campioa da Copa Galega 2022 e 3ª por equipos no...

Yara Iglesias, Campioa da Copa Galega 2022 e 3ª por equipos no Campionato Junior Internacional e de España de Raid en 100 quilómetros

- Anuncio -
  • Nesta última competición logrou tamén, xunto co seu cabalo Apolo, o 6º posto individual
  • Yara participará próximamente noutras dúas competicións internacionais: o II Raid Hípico de Brión en febreiro e o Campionato Internacional e de España de Raid en 120 quilómetros en Pol (Lugo)

A mosense da parroquia de Dornelas, Yara Iglesias, segue a conseguir triunfos xunto co seu Cabalo Apolo. O pasado mes de outubro, concretamente o sábado 15, Yara e Apolo lograron o 6º posto individual e 3º por equipos no Campionato Junior Internacional e de España de Raid, na proba de 100 quilómetros. A competición celebrouse na localidade sevillana de Carmona, de onde Yara trouxo para Mos un máis que merecido bronce por equipos e unha sexta posición inividual.

Ademais, Yara tamén se erixiu Campioa de Galicia da Copa Galega 2022 na proba de 60 quilómetros, título polo que foi galardoada na Gala da Federación Galega de Hípica celebrada na Coruña.

Por todo elo, e para desexarlle moita sorte nos vindeiros compromisos deportivos que xa ten programados, esta tarde realizouse no Concello de Mos unha recepción na honra de Yara, na que estiveron presentes a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais membros da Corporación Municipal.

Yara Iglesias anunciou durante a recepción os seguintes retos aos que se enfrontará, consistentes en outras dúas competicións internacionais. A primeira, o II Raid Hípico de Brión, celebrarase o vindeiro 11 de febreiro, e Yara participará na proba de 100 quilómetros, só en categoría individual. Se logra clasificarse en Brión, acoderá no mes de abril en Pol (Lugo), ao Campionato Internacional e de España de Raid en 120 quilómetros; onde correrá nas categorías individual e por equipos.

Cómpre destacar que Yara adestra soa, non conta con adestradores nin preparadores deportivos. É ela mesma quen prepara os seus propios adestramentos, algo que leva sendo así desde que comezou na disciplina de Raid (en xullo fará dous anos que competiu por primeira vez nesta modalidade.

Cando compezou no mundo da hípica, Yara Iglesias iniciouse na competición en saltos, onde si contaba con adestrador; pero desde que se pasou ao Raid adestra por libre. O que lle dá, se cabe, aínda máis mérito aos seus logros.

Sobre ela Nidia Arévalo, rexedora local mosense, declaraba hoxe que “estamos orgullosísimos da nosa mosense Yara Iglesias e do seu cabalo Apolo, e encantados de celebrar o 6º posto individual e 3º por equipos coa Selección Galega de Hípica que conseguiu no Campionato Junior Internacional e de España de Raid na proba de 100 quilómetros; e o título de Campioa da Copa Galega de Raid 2022 en 60 quilómetros”. Así mesmo, Arévalo desexoulle a Yara, de 17 anos, que “continúe a brillar sobre Apolo como o está a facer ata o de agora”.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas