Zafarrancho de limpeza nas rúas Antón Vilar Ponte e Altamira

adminON
Lectura mínima de 1

A Concellaría de limpeza viaria dirixida por Xaquín Moreda realiza esta semana un zafarrancho de limpeza nas  rúas Antón Vilar Ponte e Altamira.  

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada do xoves. A zona de estacionamento estará valada  durante a semana prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que  permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.  

O zafarrancho farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na  beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e tamén  dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que  poidan ocasionar estes labores

Comparte este artigo