Free Porn
xbporn
Home Tabeirós A Estrada A Consellaría de Infraestruturas non atende as demandas veciñais de Couso que...

A Consellaría de Infraestruturas non atende as demandas veciñais de Couso que piden máis medidas de seguranza vialA deputada Ariadna Fernández visita a parroquia de Couso para coñecer a problemática vial

- Anuncio -

A consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven contestar ás preguntas do BNG formuladas por escrito a través dunha iniciativa rexistrada en xuño de 2024 na que se pedían medidas da seguridade viaria na PO 841 ao seu paso pola parroquia de Couso, do concello da Estrada, debido á alta sinistralidade e inseguridade para os habitantes da zona.
Nunha visita á parroquia de Couso da deputada Ariadna Fernández, acompañada polos concelleiros Xoán Reices e Ricardo Camba, o portavoz municipal afirmou que “a resposta da consellaría podería cualificarse de normal se esta fose a primeira noticia que tivo da problemática que se presenta neste treito mais, tendo en conta que xa no mes de setembro de 2023 a veciñanza de Couso presentou unha queixa ante a citada consellaría expoñendo a problemática e reclamando que se realizara un estudo de seguridade viaria co fin de rematar con esta situación,  deixa de ser normal e convértese nunha burla cara a cidadanía.”

Xoán Reices engadiu que “a resposta da consellaría é moi esquemática: dáse prioridade ao treitos de concentración de accidentes (TCA). Que para os próximos anos prevese estender a actuación aos treitos de alto potencial de mellora (TAPM). Que van iniciar un seguimento da PO 841 para incluíla nunha das dúas categoría segundo os datos de sinistralidade e por se fose necesario tomar algunha medida de seguridade. Por  outra banda, din que a AG 59 suporá unha mellora na funcionalidade e seguridade.”
A PO 841 é a estrada autonómica que máis tráfico soporta da comarca (uns 10.000 vehículos diarios)  e a xulgar pola número de accidentes, tamén unha das máis perigosas. “Descoñecemos se a sinistralidade da PO 841 cumpre cos requisitos para ser considerada TCA ou TAPM para que se acometan medidas de seguridade”, indicou Reices, “pero a administración non pode estar para contar sinistros, senón para previlos. Neste caso concreto,  a veciñanza pide a redución da velocidade actualmente permitida de 70 km/h ( amplamente excedida polos usuarios)  a 50km/h para facilitar a vida diaria da poboación circundante, persoas maiores con mobilidade reducida, nenos e nenas que obrigatoriamente teñen que acceder á parada do bus escolar, vehículos dos residentes da zona que se teñen que incorporar á PO 841 e que teñen que soportar longas agardas, expoñéndose a riscos permanentes.  Non é cuestión de cartos, é cuestión de vontade política e, neste caso, tanto a da  Xunta como  a do propio concello é nula.”
Con respecto á mellora que suporá a AG 59, “o BNG quere resaltar que a resposta da Xunta di que a ampliación da AG-59 suporá unha mellora da seguranza vial na parroquia de Couso, mais hai que recordar que o tramo que está actualmente en construción só chega a Pontevea, polo que aínda que este treito entre en funcionamento nos próximos meses a redución de vehículos pola PO-841 non se verá reducida. De feito, habería que agardar até que a ampliación da AG-59 chegue ao O Rollo, cousa que a día de hoxe nin hai orzamento nin hai prazos de execución á vista. E en todo caso, a ampliación da AG-59 non pode ser escusa para que se acometan melloras de seguranza na estrada PO-841, a seguridade nunha vía non pode estar supeditada á construción dunha nova vía, debe ser segura por si mesma.”

Relacionadas

O BNG avanza unha vintena de encontros veciñais por un novo modelo de mobilidade...

0
A fronte nacionalista vai percorrer os barrios e parroquias coa súa campaña ‘Máis buses, menos multas’ ante a “oportunidade” que abre a fin da...

A vicepresidenta da Deputación acude á 3ª Edición do Congreso Internacional de Automoción e...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acudiu hoxe á 3ª Edición do Congreso Internacional de Automoción e Mobilidade, o Automob Summit, que...

O Concello de Nigrán ofrece mañá unha visita guiada ao bosque fósil de...

0
Será o mellor momento nos vindeiros 20 anos para poder apreciar estas árbores petrificadas que datan de entre 5.000 e 10.000 anos de antigüidade,...

0
MOCHILAS VIBRATORIAS PARA QUE AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE AUDITIVA GOCEN DAS FESTAS DO CRISTO● As mochilas deberán pedirse por Rexistro Xeral antes do venres...

Luis López destaca a importancia da colaboración entre administracións para executar investimentos clave como...

0
O presidente provincial, xunto coa vicepresidente Rafa Domínguez, visitou o centro educativo de Príncipe Felipe para comprobar o remate das obras de mellora da...

O PP solicita a reactivación das hortas urbanas da Parda e Monte Porreiro

0
• Os populares denuncian o “completo estado de abandono desde hai máis de dous anos” en 59 bancales do total de 78 que existen...

Publicacións Relacionadas