HomeSin categoríaA Deputación entra a formar parte do Comité Executivo da Feira Internacional...

A Deputación entra a formar parte do Comité Executivo da Feira Internacional da Industria Naval, Navalia

- Anuncio -spot_img

“A Deputación tiña que estar neste órgano de asesoramento do que tamén forman parte outras institucións con representación na cidade como a Xunta de Galicia e a Autoridade Portuaria de Vigo” remarcou a vicepresidenta provincial Luisa Sánchez

“O pasado ano patrocinamos por vez primeira esta feira bienal e sentímonos moi orgullosos de dar agora un paso cara adiante, porque somos moi conscientes de que o naval, do mesmo xeito que todo o que ten que ver co mar, é un sector estratéxico para a nosa provincia”, subliñou Sánchez

A Deputación de Pontevedra entra a formar parte do Comité Executivo da Feira Internacional da Industria Naval Navalia, quen se atopa en plena organización da súa décima edición.  A vicepresidenta provincial, Luisa Sánchez, destacou no encontro empresarial que organizou esta mañá Navalia no Círculo de Empresarios de Galicia para explorar a situación e o futuro da construción naval, que “a Deputación tiña que estar neste órgano de asesoramento do que tamén forman parte outras institucións con representación na cidade como a Xunta de Galicia e a Autoridade Portuaria de Vigo”.

Sánchez recordou que “o pasado ano patrocinamos por vez primeira esta feira bienal e sentímonos moi orgullosos de dar agora un paso cara adiante, porque somos moi conscientes de que o naval, do mesmo xeito que todo o que ten que ver co mar, é un sector estratéxico para a nosa provincia”. Ao respecto, adiantou que “no 2026 participaremos activamente coa décima edición deste importante evento que acolle cada dous anos Vigo, do mesmo xeito que fixemos por vez primeira na historia da Deputación o pasado ano”.  Neste eido, a décima edición da feira ten xa ocupados tres dos catro pavillóns e mantén un crecemento estable e sostible, que oscila entre un 15 e un 20%.

No 2024 a Deputación de Pontevedra patrocinou, tal e como recordou Sánchez, Navalia cunha aula de formación dende a que se divulgaron algunhas das cuestións que máis preocupan ao sector á hora de abordar o seu futuro. A enerxía, o almacenamento de hidróxeno, a sustentabilidade, o impacto ambiental ou a mellora da eficiencia na construción naval foron algunhas das temáticas que se analizaron xunto co redución de custos e tempos ou os materiais a empregar no proceso construtivo.

Publicacións Relacionadas