Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación esgota todas as prazas para as visitas teatralizadas de Nadal...

A Deputación esgota todas as prazas para as visitas teatralizadas de Nadal ao Castelo de Soutomaior

- Anuncio -

As visitas teatralizadas terán lugar os días 6, 7, 8, 21, 22, 28 e 29 de decembro cun total de tres pases diarios e 30 persoas en cada un deles

A Deputación de Pontevedra esgotou esta fin de semana as entradas para desfrutar das visitas teatralizadas de Nadal ao Castelo de Soutomaior. A actividade terá lugar os días 6, 7, 8, 21, 22, 28 e 29 de decembro con tres pases diarios ás 12:00, 16:00 e 17:30 horas e 30 persoas en cada un deles.

A través das visitas teatralizadas, a institución provincial pretende achegar a historia do castelo dun xeito divertido e diferente. Neste eido, a Raíña de Corazóns desterrou o Nadal do Castelo de Soutomaior e, con elo, a alegría, a luz e a voz de Branca. Durante a actividade, a axuda dos participantes será indispensable para conseguir que Branca volva cantar e que o Nadal brille de novo.

A actividade forma parte da programación do Nadal do Castelo, que inclúe outras actividades como o videomapping na Torre da Homenaxe, do que se poderá desfrutar a partir do 21 de decembro, desde as 19:00 ás 20:30 horas, de maneira continuada cada media hora, ou os contacontos “Un ratiño na cidade” e “Unha carta para os Reis Magos”, para os que aínda hai prazas dispoñibles en www.castelodesoutomaior.com.

Relacionadas

A Deputación de Ourense amplía o parque provincial de maquinaria con dous novos equipos...

0
O goberno provincial adquiriu dúas máquinas orientadas a optimizar servizos, xa que permitirán poñer en marcha un grupo de traballo compartido entre as áreas...

A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novas saídas ao abeiro do programa...

0
200 veciños e veciñas de Vilanova de Arousa, A Lama e Cambados desfrutarán de recursos de interese turístico da provincia como Meirande, a cidade...

A Deputación colabora con Executivas de Galicia no programa “Xerando Redes +45”, destinado a...

0
A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, asistiu ao acto de presentación dos proxectos das 11 mulleres participantes neste proxecto, cuxo obxectivo foi poñer en valor...

Cunca e nécora ofrece no Nadal as mellores rutas con degustación de Pontevedra

0
A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros  cunca e nécora para amosar a cidade dende...

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Internacional da Discapacidade’ cunha chocolatada no Pavillón...

0
Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente,...

Publicacións Relacionadas