Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá Marisa Crespo-Leiro para concederlle o título de Filla Predilecta da Provincia

- Anuncio -

Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorada pola Autónoma de Madrid, foi recoñecida pola Xunta coa Medalla Castelao e tamén foi nomeada filla predilecta do seu concello de nacemento

Ábrese tamén o prazo de adhesións, que deben facerse chegar a través do Rexistro Xeral da Deputación, correo ordinario, correo electrónico (marisa.crespo@depourense.es) ou a través da páxina web www.depourense.es antes do 30 de abril de 2024

Ourense, 27 de marzo de 2024.- A Deputación de Ourense vén de iniciar a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá Marisa Crespo-Leiro co obxecto de concederlle o título honorífico de Filla Predilecta da Provincia, tal e como consta no Boletín Oficial da Provincia publicado no día de hoxe.

O Pleno da Corporación Provincial, na sesión ordinaria do 24 de febreiro de 2023, acordara incoar este expediente que agora xa é efectivo coa apertura tamén do prazo de adhesións, que deben facerse chegar, antes do 30 de abril de 2024, a través do Rexistro Xeral da Deputación, correo ordinario, correo electrónico (marisa.crespo@depourense.es) ou a través da páxina web www.depourense.es.

Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorada pola Universidad Autónoma de Madrid, é xefa do servizo de insuficiencia cardíaca do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, coordina o grupo de investigación de IC avanzada e TC do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC). Tamén é xefa de grupo no CHUAC do Centro de Investigación Biomédica en Red Cardiovascular (CIBERCV) do Instituto da Saúde Carlos III.

Leva publicados máis de 250 artigos e impartiu docencia en distintas facultades de Medicina. Recoñecida en diferentes ámbitos internacionais e asociacións de Cardioloxía ata o ano 2016, a doutora Crespo-Leiro presidiu a sección de Insuficiencia Cardíaca e Transplante Cardíaco da Sociedade Española de Cardioloxía entre o ano 2003 e o 2006. Tamén foi recoñecida pola Xunta de Galicia coa Medalla Castelao e nomeada filla predilecta do seu concello de nacemento, San Cristovo de Cea.

Relacionadas

0
Raigame alcanza a súa 21ª edición situándose como “un dos tesouros etnográficos de Ourense”, tal e como a define o presidente provincial, Luis Menor Vilanova...

Máis de 200 deportistas de toda España e Portugal disputarán a cuarta edición da...

0
Este evento deportivo, que conta co apoio da Deputación a través do Inorde e da Axencia de Turismo de Galicia, disputarase este domingo, 12...

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

Publicacións Relacionadas