Home Deputacións Deputación Ourense A deputada de Políticas Sociais participa na inauguración de “A Casa de...

A deputada de Políticas Sociais participa na inauguración de “A Casa de Aspadisi” que conta co apoio económico da Deputación

- Anuncio -

Patricia Torres agradeceu “o traballo e o esforzo de todas as persoas que forman parte desta entidade que lograron aglutinar o apoio público e privado para que hoxe sexa unha realidade esta infraestrutura tan demandada polos familiares de persoas con diversidade funcional”

A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, participou hoxe na inauguración de “A Casa de Aspadisi” que conta co apoio económico da Deputación de Ourense. Na súa intervención, Patricia Torres agradeceu “o traballo e o esforzo realizado por todas as persoas que forman parte desta entidade, que lograron aglutinar o apoio público e privado para que hoxe sexa unha realidade esta infraestrutura tan demandada polos familiares de persoas con diversidade funcional”.

Neste sentido, Patricia Torres lembrou que a Deputación de Ourense colaborou cunha achega de 300.000 euros para a construción do edificio da residencia-centro da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos da comarca do Carballiño (Aspadisi). “Desde o goberno provincial estaremos sempre ao carón destas necesidades reais e tan importantes para a nosa sociedade”, asegurou a deputada provincial.

Este centro residencial pretende non só dar resposta ás persoas con diversidade funcional que precisen atención cando non conten co seu soporte familiar, senón que ademais conta con habitacións dobres que están pensadas para acoller a aquelas persoas que xa non poden seguir a coidar dos seus fillos, para ofrecerlles a posibilidade de seguir compartindo a súa vida con eles nesta residencia.

Relacionadas

Adrián Vázquez pon en valor o traballo desenvolvido polo do PP en Europa para...

0
·        O candidato lembrou a enorme importancia desta actividade en territorio galego, “que se reflicte no feito de que o 39,9% dos viticultores de España...

Luis López garante o apoio da Deputación ao sector agrogandeiro da provincia pola súa...

0
O presidente provincial referiuse á medidas de soporte como as subvencións ás cooperativas, a colaboración coa Semana Verde ou Feira Deza ou a asistencia...

A Deputación avanza na mellora da seguranza viaria na estrada provincial entre A Ramallosa...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, percorreu co alcalde de Nigrán, Juan González, a zona da estrada provincial EP-2106 na que se está...

Rafa Domínguez percorre co mellor publicista do século XX, Lluis Bassat, o Museo de...

0
O vicepresidente da Deputación amosou o orgullo de acoller “a unha das persoas máis influentes da publicidade no Museo” porque “deixar pegada en Bassat...

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, inaugura o X Congreso Nacional de Pacientes Crónicos...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no acto de inauguración do X Congreso Nacional de Pacientes Crónicos organizado pola...

A Deputación continúa esta fin de semana co programa “+Convivencia” con saídas de dúas...

0
Serán preto de 130 as persoas que poderán desfrutar das excursións o sábado e o domingo, 54 da Asociación A Costa de Silleda e...

Publicacións Relacionadas