HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda promove a conciliación cun novo campamento para este verán

A Guarda promove a conciliación cun novo campamento para este verán

- Anuncio -spot_img

– En total ofreceranse 60 prazas para nenos e nenas de 4 a 12 anos, durante os meses de xullo e agosto

O Concello da Guarda organiza para este verán un novo campamento urbano co obxectivo de axudar á conciliación ás familias.

O campamento celebrarase nos meses de xullo e agosto e está dirixido a nenos e nenas da Guarda de entre 4 (nados no 2021) e 12 anos. En total ofértanse 60 prazas para as crianzas empadroadas na Guarda e que cumpran os requisitos das bases.

Durante as mañás de verán os participantes desfrutarán de xogos, obradoiros, deporte, natureza…Este campamento caracterízase por adaptarse ás necesidades das familias traballadoras, xa que o horario de 9h a 14h pode estenderse de 8h a 15h e ademais, pode solicitarse só un dos meses de verán ou ambos. O alcalde da Guarda resaltaba a importancia destes campamentos urbanos, pois “conciliar durante unhas vacacións tan longas como a dos nenos e nenas en verán é moi complicado, por iso o horario é o habitual dos colexios parar manter a mesma rutina dos pequenos”.

O prezo do campamento será de 100€ por dous meses, mentres que se só se opta por un mes, o prezo será de 80€. Neste sento, o alcalde, Roberto Carrero, destaca que “en moitas ocasións o prezo deste tipo de actividades supón un gasto moi alto para as familias en verán, polo que tentamos facelo o máis asequible posible”.

O prazo de solicitude abrirase o luns 12 de maio e pecharase o venres 23 de maio e pode presentarse a través da sede electrónica ou de xeito presencial no rexistro (1ª planta do Concello). Para facer a inscrición, condicións e saber a documentación a presentar, consulta as bases na web do Concello.

Este campamento únese a outros de conciliación que organiza o Concello da Guarda como o Conciliaguarda que se celebra en Semana Santa e Nadal de xeito totalmente gratuíto para 30 familias guardesas.

Esta actividade conta co financiamento da Consellería de Política Social e do Ministerio de Igualdade, dentro do Plan Corresponsables.

Publicacións Relacionadas