HomeA CoruñaA Pobra premia aos lectores máis ávidos da Biblioteca Municipal

A Pobra premia aos lectores máis ávidos da Biblioteca Municipal

- Anuncio -spot_img
  • O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, entregaron dous diplomas e agasallos a Pablo Moral López, da sección infantil, e a Isabel Falque Estévez, da de adulto.

Ler ten premio e, senón, que llo pregunten a Pablo Moral López e a Isabel Falque Estévez. Ambos veciños recibiron, esta tarde, agasallos e diplomas que os acreditan como os lectores máis fieis das seccións infantil e adulto da Biblioteca Municipal Victoriano García Martí ao longo do último ano. O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, foron os encargados de entregarlles estes recoñecementos, felicitándoos pola súa “paixón e interese por seguir descubrindo novas historias”.

Pablo Moral López repite como gañador. O rapaz, que xa conseguira o título en 2024, retirou un total de 64 títulos da instalación municipal desde outubro do ano pasado. Na categoría de adulto, Isabel Falque Estévez solicitou o préstamo de 127 obras.

Ademais do diploma, o rexedor e a concelleira déronlles un regalo que consistiu nunha colección de libros novos e de recente publicación. A edil de Cultura animounos a seguir cultivando este “hábito que nos permite mergullarnos e descubrir novos mundos e vivir outras vidas”.

Publicacións Relacionadas