Home O Morrazo Marín A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2 de xunio

- Anuncio -

A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de recuperación paisaxístixa e patrimonial que se suma aos atractivos do Lago Castiñeiras como destino turístico, arqueolóxico e de natureza. 

Trátase dun itinerario lineal, un percorrido que sumará 7,5 quilómetros entre a ida e a volta, que arranca desde Santomé de Piñeiro, e que atravesa 11 mámoas e nas que se está actuando para mellorar a súa protección e estado de consevación: Chan de Castiñeiras 2, Outeiro de Ombra, Chan de Armada, Chan de Fonteseca e Laghocheiras, no entorno do Lago, e un tramo extra para chegar a Chan de Xaxán. 

As mámoas utilizábanse como tumbas e lugar onde facer rituais. Ademais disto, todas elas estaban orientadas ao este por onde sae o sol, como metáfora de “volver a nacer noutra vida”. 

En todas elas, tal e como explicou Castro e como xa é evidente á vista, estase a actuar en desbroce e sinalización das mesmas. A de Chan de Xaxán, unha das que visitou Castro coa concelleira, é a máis grande de todas elas, contando con 30 metros de diámetro. Ademais da retirada da capa máis grosa de vexetación que se sedimenta sobre a superficie da mámoa, estase a desbrozar a man a zona máis delicada da cavidade funeraria. Outra das mámoas que se poderán atopar ao longo do sendeiro conta con grabados do neolítico. 

Ao longo do percorrido, iranse atopando puntos informativos con debuxos e infografías nas que entender como se construían estas mámoas, como era a vida das sociedades primitivas, os seus ritos e costumes, o por que das localizacións destes restos arqueolóxicos…

Inauguración da ruta 

A inaguración terá lugar o 2 de xunio e será aberta a toda a cidadanía que se preste a facer esta senda partindo dende un punto de encontro. Nas próximas semanas, darase máis información sobre a hora e o lugar de arranque. 

Aconséllase ir con vestimenta adecuada debido ao entorno no que nos imos atopar.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas