Free Porn
xbporn
Home Lugo A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de...

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Veral cun investimento de preto de 550.000 euros

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna silvestre ao tempo que se melloran as condicións de traballo dos seus profesionais


— As obras supuxeron a construción dun novo edificio que conecta as dependencias dos animais e mellora as estancias nas que se atopan os servizos administrativos


— As melloras contribuirán a optimizar o labor do centro, un dos catro existentes en Galicia e que o ano pasado recibiu algo máis de 600 exemplares entre distintas especies de aves, mamíferos e réptiles

A Xunta está a piques de completar a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre (CRFS) do Veral, no concello de Lugo, para facelas máis funcionais cun investimento de preto de 550.000 euros.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou o centro, onde explicou que os traballos rematarán esta mesma semana e que permitirán dar un paso máis no fomento da conservación e recuperación das especies de fauna silvestre ao tempo que se melloran as condicións de traballo dos seus profesionais.
A responsable autonómica subliñou que as obras supuxeron a construción dun novo edificio que permite conectar todas as dependencias destinadas aos animais e, en paralelo, mellorar as estancias nas que se atopan os servizos administrativos.
Por iso, a estrutura do inmoble principal repártese en dous módulos, un administrativo no que se realizará a recepción dos animais, o tratamento e a atención veterinaria, e outro para a recuperación inicial dos exemplares e os servizos de atención. A parte administrativa contará con dependencias como oficina-sala de recepción, consulta-sala de operacións, sala de persoal, vestiarios, sala de crías, unidade de coidados e almacén.
Mentres, o módulo de recuperación conta cunha cámara para mamíferos, catro cámaras de voo -tres xa preexistentes que se conservan parcialmente e unha nova-, seis azoreiras, tres salas de mudas, tres destinadas aves nocturnas, un almacén, unha sala de necropsias, un túnel de voo e piscinas de aves peláxicas.
Precisamente, Ángeles Vázquez salientou novidades como o túnel de voo, con dous compartimentos para que as aves recuperadas poidan practicar antes de devolvelas ao medio natural, e a zona de especies acuáticas complementouse con dúas novas piscinas.
Todas estas melloras contribuirán a optimizar o labor do CRFS O Veral, centrado no coidado e restablecemento dos exemplares de fauna silvestre autóctona que non están en condicións de subsistir por si mesmos no medio natural co obxectivo de devolvelos ao seu hábitat e, cando non é posible, integralos en programas de conservación ex situ -fóra do medio natural- ou de educación ambiental.
Rede de centros
Este centro de recuperación de fauna é un dos catro existentes en Galicia -un por provincia- e recibiu o ano pasado algo máis de 600 exemplares de fauna silvestre entre aves, mamíferos e réptiles.
Ás instalacións de Lugo súmanse as de Santa Cruz, no concello coruñés de Oleiros; as do Alto do Rodicio, no municipio ourensán de Maceda; e as de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Ao longo de 2023 os catro centros recibiron un total de 4.830 animais, a maioría deles aves, seguidas de mamíferos e réptiles.

Relacionadas

A Xunta pon en valor o programa ‘Reencontros con Galicia’ para seguir reforzando os...

0
— Esta iniciativa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos e...

A Xunta destaca que unha industria segura será máis produtiva, eficiente e máis competitiva

0
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, asistiu hoxe á 5ª xornada de Seguridade industrial do sector das minas onde...

A Xunta destaca a ampla traxectoria de Manuel Patinha con motivo da mostra retrospectiva...

0
Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participaron hoxe na inauguración da mostra...

Lete reivindica o ‘deporte para toda a vida’ tras o ouro individuao e por...

0
_Ten un recoñecemento especial para Jorge Crespo que acadou outro fito para Galicia coa medalla de prata na categoría Máster 40 O secretario xeral para...

A Xunta comprométese a continuar apoiando iniciativas de mellora para as persoas con transtorno...

0
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, trasladou a Apacaf (Asociación de Pais con Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Centros...

A Xunta apoia un cento de actividades de fomento e impulso da economía social...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución desta orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cun total de 23 entidades beneficiarias...

Publicacións Relacionadas