Free Porn
xbporn
Home Sin categoría A Xunta impulsa o turismo de Ourense coa nova oficina de atención...

A Xunta impulsa o turismo de Ourense coa nova oficina de atención aos visitantes na Casa do Legoeiro e unha nova inxección económica para a provincia

- Anuncio -

A Xunta de Galicia vén de reforzar a actividade turística de Ourense coa apertura da nova oficina de turismo da cidade e cunha nova inxección económica que permitirá diversificar e especializar a oferta da provincia. Por unha banda, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitaron hoxe as instalacións da nova oficina de Turismo da Xunta na cidade tras rematar os traballos de rehabilitación do edificio que a acolle, a Casa do Legoeiro, na Ponte Romana, onde a Xunta investiu preto de 300.000 euros.

Como explicou, trátase dunha infraestrutura “estratéxica” -mudou a sede da rúa Concello á Ponte Romana, ao pé da Vía da Prata- que permitirá “dar un salto cualitativo para facilitar e mellorar a atención daqueles que visitan esta cidade, que cada vez son máis”, salientou. Neste sentido, referiuse aos máis de 52.000 viaxeros que acolleron os hoteis e pensións da cidade nestes primeiros cinco meses do ano, o que supón un incremento do 3% con respecto ao ano pasado. “E a demanda turística, con máis de 95.000 noites é a mellor deste que temos rexistros”

Tamén fixo mención á crecente internacionalización da cidade xa que o turismo internacional medrou en Ourense un 29% e acadou os mellores niveis da historia con preto de 16.000 noites. Do mesmo xeito salientou a importancia dos peregrinos para a cidade de Ourense, que realizan a Vía da Prata e que este ano foron máis de 4.600 os que recolleron a Compostela tras realizar este itinerario, o que supón un incremento do 19% con respecto ao ano anterior.

A nova oficina de turismo xa está aberta ao público. A intervención da Casa do Legoeiro supuxo a remodelación dun inmoble histórico que ofrece un espazo de 200 metros. O edificio conta con dous andares, un mostrador de recepción ao público, despachos para a área termal e unha sala de exposicións, ademais dun xardín exterior, almacén e baño.  

Ademais de funcionar para a atención e información aos visitantes, tamén está previsto dinamizala con exposicións para poñer en valor recursos turísticos da provincia como o termialismo, entroido, gastronomía, artesanía, posta en valor de produtos amparados polo selo Galicia Calidade ou destinos como a Ribeira Sacra, entre outras.  

Diversificación na provincia

Tamén en Ourense, o director de Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración co presidente do Inorde, Rosendo Fernández, para reforzar as actividades de dinamización turística na provincia. Nun acto que contou coa presenza do presidente da Deputación, Luis Menor, Xosé Merelles puxo en valor “o forte compromiso” da Xunta co desenvolvemento turístico da provincia de Ourense e o seu papel para contribuír a diversificar a actividade turística de Galicia. “A provincia absorbe preto do 7% da demanda turística galega e queremos apostar por incrementar esta porcentaxe e atraer visitantes a unha provincia que ten tanto que amosar como esta”, explicou.

De feito, como indicou, no que levamos de ano, os establecementos turísticos da provincia acolleron nos cinco primeiros meses do ano algo máis de 139.000 viaxeiros aloxados e preto de 257.000 noites en Ourense. Ademais, en Ourense o 90% da demanda concéntrase no segmento hoteleiro, cuxa demanda está a medrar un 3%.

O convenio, cun valor de 120.000 euros dos que Turismo de Galicia achega 96.000 euros, promoveranse diferentes liñas de acción centradas no turismo deportivo na provincia co apoio a distintas probas cicloturísticas, promoción dos itinerarios xacobeos que discorren polo territorio provincial, a promoción do enoturismo e dos mercados de proximidade, así como o deseño de soportes para actividades de turismo e promoción da provincia como destino para desenvolver o turismo de congresos e negocios.

Xosé Merelles recordou que este convenio dá continuidade á aposta que a Xunta de Galicia está a realizar na provincia e que se cuantifica nos máis de 25,5M€ para a sostibilidade turística a través de distintas accións e plans de sostibilidade en destino nalgúns concellos da provincia ao abeiro dos fondos europeos Next Geneation, que se completan con máis de medio millón de euros este ano para o impulso ao turismo na provincia.

Relacionadas

O BNG reclama solucións urxentes ante a falta de aparcamento en Marín

0
Lucía Santos lamentou que o goberno do PP non tomase en serio a necesidade de buscar novas prazas de aparcamento. "Grazas á súa prepotencia...

O dispositivo de emerxencias da San Xoán realizou 184 asistencias, 45 menos que ano...

0
Os servizos de limpeza viaria levan recollidas 57 toneladas de lixo O dispositivo de máis de 650 persoas encargado de velar pola seguridade en San...

O Concello de San Sadurniño dedica o Fondo Ambiental a ampliar a rede de...

0
Investiranse máis de 36.000 euros en conectar os lugares da Curuxa e Gunduriz, ademais de mellorar as instalacións da nova traída do Camiño Arriba San...

A Xunta contribúe a eliminar un punto de vertido no concello de Vila de...

0
Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron unha das incidencias durante unha inspección rutineira e a outra...

A Escola Municipal de Música abre a inscrición previa para o curso 2024/2025

0
●       Poderase socilitar praza entre o 1 e o 15 de xullo a través de Rexistro no Concello A Escola Municipal de Música do Porriño...

Soutomaior recupera unha moto de Protección Civil desaparecida dende 2020

0
O pleno de Soutomaior acordou levar a cabo un informe por parte dos servizos técnicos municipais das contas e actividades da antiga agrupación de...

Publicacións Relacionadas