Home A Coruña A Xunta licita por máis de 680.000 euros as obras de ampliación...

A Xunta licita por máis de 680.000 euros as obras de ampliación das redes de abastecemeto e sanemamento do Canedo, no concello de Ordes

- Anuncio -
  • As actuacións, cun prazo de execución de seis meses, supoñen substituír as traídas e pozos particulares existentes na actualidade por canalizacións comunitarias para dar un servizo adecuado á veciñanza do lugar cun horizonte temporal que vai ata 2045
  • Os traballos desenvolveranse na contorna da estrada N-550, atravesándoa ata en catro ocasións, polo que tamén está prevista a reposición do pavimento afectado polas perforacións necesarias para a execución do proxecto

A Xunta de Galicia licitou por un orzamento de 680.827,26 euros, IVE incluído, as obras de ampliación das redes de abastecemento e saneamento ao núcleo do Canedo desde O Mesón do Vento, no concello coruñés de Ordes.    

As actuacións, cun prazo de execución de seis meses, teñen como finalidade substituír as traídas veciñais e os pozos particulares existentes na actualidade por unha rede común que garanta un axeitado control sanitario e facilite os labores de mantemento e limpeza das instalacións. Os traballos permitirán dar un servizo adecuado á veciñanza deste lugar cun horizonte temporal que vai ata o ano 2045.

No caso das obras para desenvolver a rede de abastecemento, inclúen a instalación de 2.500 metros de tubaxe de 75 milímetros de diámetro para a rede principal e 315 metros de tubaxe de 63 milímetros de diámetro para os ramais secundarios. A maiores, para completar a rede, empregaranse outros elementos como válvulas de comporta, ventosas de triplo efecto, válvulas de baleirado e unha válvula redutora de presión, así como as correspondentes arquetas para o seu óptimo funcionamento.

Mentres, os traballos para implantar a rede de saneamento supoñen a colocación de 1.470 metros de tubaxe de 315 milímetros de diámetro e 110 metros de tubaxe de 250 milímetros de diámetro así como distintos pozos de rexistro prefabricados. Tamén se instalará un pozo de bombeo prefabricado que estará conectado á fosa séptica existente mediante unha canalización de 1.300 metros de tubaxe de 90 milímetros de diámetro. A eles engádense 110 metros máis de canles de 400 milímetros de diámetro para os sumidoiros e leitos de recollida de augas pluviais do Canedo.

Como as actuacións se van desenvolver na contorna da estrada N-550, chegando a cruzala en catro ocasións -para o que é necesario realizar distintas perforacións-, o contrato que se licita tamén inclúe a reposición dos pavimentos e superficies afectadas pola execución das obras por outras de semellantes características.

De feito, como complemento destas actuacións, nas próximas semanas sacarase a licitación un contrato para o servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra e outro do servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial, que entre os dous suman un importe de licitación de preto de 70.000 euros.  

Relacionadas

Máis de 250 nenos e nenas de Boqueixón participan este luns nunha andaina polo...

0
Algo máis de 250 nenos e nenas participarán este luns 25 de novembro, a partir das 12:00 horas, nunha andaina polo 25N organizada polo...

O Concello de Frades conmemorará o 25N cunha escape room sobre violencia de xénero...

0
O Concello de Frades conmemorará este luns 25 de novembro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller cunha dobre actividade....

Brión conmemorará o 25N cunha actuación de Teatro das Maniotas, conformado por alumnado do...

0
O Concello de Brión conmemorará o Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero cun acto institucional no que a concelleira de Igualdade,...

Últimos días para anotarse nas actividades de conciliación do Concello de Brión

0
O Concello de Brión convoca 50 prazas nas súas actividades de conciliación de Nadal 2024-2025, dirixidas a familias con menores a cargo e con...

A Reserva de Biosfera licita a execución da súa “Rede Eco da Biosfera”, con...

0
• A iniciativa permitirá que concellos estreen esta infraestrutura fomentando a cohesión territorial A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas saca a licitación a instalación, mantemento...

O tempos viquingos desembarcan na Pobra en formato de ficción literaria con El tallista...

0
A esencia viquinga desembarcou novamente na Pobra do Caramiñal coa presentación do libro El tallista de runas, de Eduardo Romero Rueda, Nesta obra de...

Publicacións Relacionadas