Home A Coruña Actividades con motivo do 25N en San Sadurniño

Actividades con motivo do 25N en San Sadurniño

- Anuncio -

 Hoxe, con motivo das actividades do 25N, estivo con nós na Escola Infantil Municipal “A Rolada” a ilustradora e contadora de historias Marisa Irimia co espectáculo de narración oral “Nin máis nin menos”. Unha proposta participativa, chea de maxia, aventuras, risas, emocións e historias adaptadas ao entendemento das crianzas.
Porque se queremos un mundo libre de machismos e de discriminacións por razón de sexo ou xénero. Se queremos unha sociedade onde as relacións entre as persoas se baseen na empatía, na escoita activa, no respecto e na igualdade, hai que empezar educando (dentro e fóra da casa) desde a primeira infancia.
Lembrade que este serán e máis mañá temos outras dúas citas programadas co gallo do Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres e nenas:

  • Venres 29, 19:00h, Casa da Cultura: Cineforo “En deuda con todas. A loita pola despenalización do aborto no Salvador. O dereito a decidir sobre os nosos corpos. Cuestión de Xustiza.
  • Sábado 30, 19:00h, Casa da Cultura: “Vicio houbo sempre”, con Atenea García, no que se contan distintas historias recollidas entre mulleres de máis de 80 anos nas que se fala de amor, pracer, sexualidade e incluso de vida nas marxes.

Tralo Cineforo e tamén tralos contos e a música de Atenea García haberá uns petiscos no recibidor da Casa da Cultura.
Por outra banda, este domingo, 1 de decembro, a ACRD Santa Mariña do Monte organiza un encontro coa xornalista, sexóloga e divulgadora Laura Veiga para falar e resolver dúbidas sobre sexo, xénero, orientación e identidade sexual. Será no local social de Santa Mariña a partir das 18:00h. Pódese obter máis información no 646 938 132.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas