Máis de vinte alcaldías de Concellos galegos e presidencias de Cámaras portuguesas, Deputacións, Xunta de Galicia e institucións homólogas de Portugal participaron no II Encontro Transfronteirizo da Vía Maríana celebrado na mañá de hoxe no concello portugués de Melgaço
Máis de vinte alcaldías de Concellos galegos e presidencias de Cámaras portuguesas, Deputacións, Xunta de Galicia e institucións homólogas de Portugal participaron no II Encontro Transfronteirizo da Vía Maríana celebrado na mañá de hoxe no concello portugués de Melgaço.
Presidido pola presidenta da Asociación Vía Mariana Luso Galaica, María José Silva, e polo presidente da Cámara de Melgaço, Manoel Batista, alcaldesas, alcaldes, deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra; vicepresidencia da Deputación da Coruña e Turismo de Galicia amosaron o seu apoio a esta vía sacra que percorre máis de 400 km dende Braga a Muxía.
Neste segundo encontro a directiva da Vía Mariana, presentou unha nova ferramenta de apoio ás persoas camiñantes. Deseñada pola presidencia da Vía Mariana facilitará a planificación das xornadas e mellorará a localización de puntos de interese. Trátase dunha infografía que ilustra gráfica e esquemáticamente os 400 km da Vía Mariana. Iconos orixinais creados para esta infografía que sitúan os santuarios e unha selección do patrimonio máis representativo (igrexas marianas, pontes, castros…). Tamén ubica as montañas máis altas, ríos e lugares de especial relevancia medioambiental. “A tan só un golpe de vista podemos coñecer o tramo e a Vía en xeral, é un documento didáctico, visual e interactivo dun só folio para facilitar o manexo”, explica a presidenta da Vía Mariana, María José Silva. Con tan só ampliar as zonas, e seleccionando o punto que queremos, accedemos á información desa etapa (tracks e patrimonio), información de puntos salientables e información sobre a credencial e a Mariana premendo nos iconos. A infografía inclúe un código QR para descargalo e acceder dende o teléfono móbil a toda a información.
Tódolas alcaldesas, alcaldes, presidentes de Cámaras, representantes das Deputacións de Pontevedra e A Coruña así como Turismo de Galicia salientaron a riqueza patrimonial e medioambiental dos tramos da Vía Mariana e a oportunidade que supón non só para peregrinos e peregrinas que transitan paisaxes espectaculares, tamén para a veciñanza destas vilas nas que pode supor un importante dinamizdor económico.



