Home Xunta de Galicia As Asociacións de Autónomos poden solicitar desde hoxe as achegas da Xunta...

As Asociacións de Autónomos poden solicitar desde hoxe as achegas da Xunta de Galicia para o seu funcionamento e para a contratación de persoal de apoio

- Anuncio -
  • O Diario Oficial de Galicia publicou onte a convocatoria de 2025 destas axudas, dotada con 350.000 euros para promover o movemento asociativo deste colectivo e que se poden solicitar ata o vindeiro 18 de marzo
  • Estes apoios complementan aos da novidosa orde para autónomos deste ano que, con máis de 40 M€, aglutina cinco liñas e aos a contratación do primeiro, segundo e terceiro traballador

Desde hoxe ata o 18 de marzo as asociacións de autónomos poderán solicitar as achegas da Xunta para o seu funcionamento e para a contratación de persoal de apoio. Así o establece a convocatoria de 2025 destas axudas, dotada con  350.000 euros e publicada onte no Diario Oficial de Galicia (DOG). O obxectivo é apoiar o movemento asociativo do colectivo na defensa dos seus intereses.

Estes apoios complementan aos da novidosa orde para autónomos deste ano que, con máis de 40 millóns de euros de orzamento, aglutina cinco liñas que estimulan desde o inicio de actividade —con apoios que inclúen a cota cero— á súa consolidación e mantemento -co Bono Autónomo e Bono Remuda-, ademais de axudas para conciliar e o Bono Nova Oportunidade e da que se poden solicitar as achegas ata o 30 de setembro.

A elas tamén se suman as axudas á contratación do primeiro, segundo e terceiro traballador por parte de autónomos, dotadas de máis de 1,3 M€ E con dúas liñas compatibles entre si -bono de contratación e bono de formación- e con prazo de solicitude tamén aberto ata o 30 de setembro.

Liñas de apoios ao asociacionismo

A convocatoria de apoios ao asociacionismo autónomo aberta desde hoxe contén dúas liñas de axuda. A primeira delas —cunha intensidade da axuda do 90 %— está orientada a gastos de funcionamento das entidades asociativas de Galicia de persoas traballadoras autónomas, coa finalidade de apoiar de forma eficaz a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios.

Así, serán subvencionables, entre outros, gastos de persoal, arrendamentos de locais, servizos profesionais independentes, subministracións —eléctricas, de telefonía, de gas, auga, de limpeza dos locais e aloxamento e mantemento da web—, organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades, e gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción do emprego autónomo en Galicia, en especial o programa de remuda xeracional do negocio dos autónomos.A contía máxima da subvención nesta liña para cada entidade beneficiaria é dun máximo de 65.000 €.

Por outra banda, a convocatoria prevé unha segunda liña de apoios para cubrir gastos de contratación laboral dunha persoa que realice funcións de asesoría e apoio ás persoas autónomas integradas nas entidades asociativas, co obxecto de asesorar e apoiar de maneira directa ás persoas autónomas integradas nas ditas entidades. Neste caso, a contía máxima da subvención será dun máximo de algo máis de 32.100 € para contratos de xornada a tempo completo e duración mínima dun ano.

Ligazón á orde no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250218/AnuncioG0767-030225-0003_gl.html

Relacionadas

A Xunta asina 62 convenios con asociacións de pesca continental e salienta o seu...

0
Os acordos buscan promover labores de conservación e limpeza dos ríos na súa área de influencia e impulsar tamén a remuda xeracional nesta práctica...

Lete Lasa anima aos 22 rapaces e rapazas que inician unha nova tempada co...

0
_Destaca algúns dos éxitos do Froiz na tempada 2024, como a medalla de bronce da selección española no Team Relay do Campionato de Europa...

López Campos salienta a importancia de impulsar o galego nas propostas de lecer para...

0
Fai fincapé na relevancia de accións que fagan incrementar o uso do noso idioma nos espazos sociais, presenciais e dixitais, onde as novas xeracións...

A Xunta convoca cursos de formación continua para persoal das agrupacións de Protección Civil

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as accións formativas, que suman preto de 400 prazas e se impartirán a través da Academia Galega...

Ángeles Vázquez anima á cidadanía a elaborar os seus propios disfraces para reducir a...

0
Avoga por recuperar o carnaval máis tradicional onde os disfraces se facían con materiais que tiñamos pola casa, tal e como seguen facendo os...

A Xunta celebra que un científico de prestixio mudial como Ángel Carracedo se achegue...

0
— O conselleiro de Educación recibe ao experto en medicina xenética no CIFP Ánxel Casal da Coruña, onde visita os laboratorios do centro e...

Publicacións Relacionadas