HomePontevedraO CondadoCurso gratuíto de dixitalización de pymes en Salvaterra de Miño na aula...

Curso gratuíto de dixitalización de pymes en Salvaterra de Miño na aula de capacitación dixital da casa cultura

- Anuncio -spot_img

O Concello de Salvaterra de Miño ofrece, a través do programa DIGALICIA, unha formación en dixitalización de PYMEs TOTALMENTE GRATUÍTA. As persoas interesadas poderán asistir en modalidade presencial na Aula de Capacitación Dixital do Concello.
En total serán tres sesións presenciais os días 29, 30 de setembro e 1 de outubro en horario de 16:30 a 19:30 horas destinadas a empresas nas que se tratarán as seguintes temáticas:

  • Facturación electrónica
  • Prazo de entrada en vigor
  • Persoas e operacións suxeitas às obrigas de facturación electrónica e sistemas informáticos de facturación
  • Requisitos da factura electrónica, referencia ao sistema Verifactu
  • Réxime sancionador
  • Preguntas e dúbidas
  • Ciberseguridade
  • Control horario dixital
  • Marketing e posicionamento web
  • Redes sociais
  • WhatsApp Business
  • Loxística e formato
    O programa DIGALICIA ofrece unha oportunidade para a dixitalización de procesos, facturación electrónica e ferramentas dixitais para PYMEs e autónomos en Galicia.
    Para máis información e inscricións podes chamar ó 610586185 ou ben no correo antonio.juncal@estudiosrafer.es

Publicacións Relacionadas