Home A Coruña Éxito de público na apertura do novo supermercado de Donaya Market Ramen...

Éxito de público na apertura do novo supermercado de Donaya Market Ramen na Grela, o máis grande da cidade dedicado a produtos asiáticos

- Anuncio -

● Con máis de 400 metros cadrados, este establecemento é o supermercado asiático máis grande da Coruña.

● Ofrécense produtos, frescos, refrixerados, conxelados e envasados chegados de lugares como China, Xapón, Tailandia, Corea ou Indonesia.

● Este espazo, enfocado a ofrecer produtos de alimentación do continente asiático, conta tamén cunha zona de bazar.

● O establecemento sitúase na rúa Isaac Peral nº 18 (no Polígono da Grela) e ten prazas de aparcamento para clientes.

A apertura do novo supermercado de Donaya Market Ramen na Grela suscitou gran curiosidade entre os amantes da cociña asiática na Coruña. Na súa primeira xornada aberto ao público o establecemento congregou a numerosa clientela.

Este supermercado, especializado en produtos asiáticos, ten como un dos seus elementos diferenciais o seu tamaño xa que dispón de 400m2, o que o converte no máis grande da Coruña neste segmento. Nos seus andeis poidan atopar multitude de produtos de China, Xapón, Tailandia, Corea, Indonesia e demais países asiáticos. Hai produtos conxelados, refrixerados, envasados e ata frescos. O fondo do local se reserva unha zona de bazar.

O novo Donaya Market Ramen está situado no nº 18 da rúa Isaac Peral, no Polígono da Grela. Tanto hoxe sábado 18, como o luns 20 de xaneiro, ofrécese aos clientes agasallos coas súas compras, catas de diferentes bebidas (sake, refrescos, tés…) e degustacións dos produtos que teñen á venda, como campaña especial de apertura. A partir do martes 21 o novo supermercado funcionará con normalidade.

O horario do novo supermercado de Donaya Market Ramen da Grela será de luns a sábado de 10:00 a 21:00, e permanecerá pechado os domingos.

O persoal afanábase nesta primeira xornada en atender á clientela explicando as características dos produtos ou indicando a quen xa viña buscando algo concreto onde podía atopalo. A cociña asiática ten cada vez máis adeptos na Coruña.

Segundo Donaya Market Ramen na Coruña

Hai xa uns meses que a proposta gastronómica de Donaya Market Ramen abría o seu primeiro establecemento na Coruña. Está situado na esquina da rúa Torreiro con San Andrés e conta con restaurante e un pequeno supermercado. O establecemento da Grela tamén ten previsto incorporar restauración proximamente. Cando isto suceda está previsto que se amplíe o horario para ofrecer tamén o servizo de ceas.

Con esta nova proposta Donaya Market Ramen quere ser o novo referente para que os usuarios poidan experimentar coa cociña asiática nas súas casas, ademais de atopar novos e orixinais snacks, bebidas e demais produtos que están a ser tendencia en TikTok e en Instagram.

A seguinte apertura, na Praza da Galera

Este non é o único espazo que Donaya Market Ramen ten previsto abrir proximamente na cidade. Neste momento avánzanse nos traballos para abrir outro establecemento no centro da Coruña, concretamente na Praza da Galera.

Donaya Market Ramen é, en definitiva, unha proposta culinaria diferente e exótica que está a pisar forte na Coruña e que ten o obxectivo de levar os sabores de Asia á túa casa.

Relacionadas

O BNG apoia as reivindicacións da ANPA do CEIP O Grupo de Ribeira

0
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifesta o seu apoio ás demandas da Asociación de Nais e Pais Santa Uxía do CEIP O Grupo de...

Convenio entre o Concello e o Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da UDC...

0
As primeiras actividades desenvolveranse este mes, dentro do programa Medrando con Apego e na II Feira do Día da Muller e a Nena na...

Ponteceso adicará a totalidade dos fondos do POS a financiar gasto corrente

0
O goberno local indica que “o único que pretende é mellorar a saúde da casa de todos os pontecesáns”. O Concello de Ponteceso celebra mañá...

Camariñas destina 470.000 euros do Plan Único a diferentes obras e gasto corrente

0
● O goberno local levará mañá, mércores (16:30 horas), a pleno a proposta para a súa aprobación. ● Os proxectos son: a segunda fase da...

O bus de doazón de sangue de ADOS recalará este venres pola tarde en...

0
A Unidade Móbil de Doazón de Sangue visitará Neda o venres 7 de febreiro. Durante toda a tarde, de 15:30 a 21:00 h, permanecerá...

María Rivas pon en valor a mellora na seguridade cidadá da Laracha, cunha baixada...

0
 A subdelegada e máis o alcalde, José Manuel López, repasaron os datos de seguridade no concello, que melloraron con respecto ao ano pasado ...

Publicacións Relacionadas