Home Pontevedra Jaime Chávarri, Premio Feroz Audi de Honra 2025, compartirá unha charla...

Jaime Chávarri, Premio Feroz Audi de Honra 2025, compartirá unha charla maxistral co público pontevedrés

- Anuncio -

O xoves 23 de xaneiro no Teatro Principal terá lugar a xa tradicional clase maxistral do cineasta  homenaxeado pola AICE  

Audi volve ser Vehículo Oficial do evento e dá nome ao Premio Feroz Audi de Honra que recibirá o  director madrileño na gala do sábado 25 de xaneiro 

Jaime Chávarri, Premio Feroz Audi de Honra 2025, chegará á Boa Vila o xoves 23 de xaneiro para a tradicional  clase maxistral do homenaxeado pola Asociación de Informadores Cinematográficos de España.  

A charla terá lugar ás 19:00 no Teatro Principal de Pontevedra, para compartir cos asistentes o máis  destacado do seu filmografía e as anécdotas acumuladas ao longo da súa traxectoria.  

O director madrileño estará acompañado por María Guerra, presidenta da AICE, e polo xornalista cultural  Anxo Suances, para repasar a súa carreira e, á vez, realizar unha viaxe pola historia de España e do noso  cinema, con traballos arriscados pero tamén con varias das obras máis populares e queridas do cinema  español.  

As entradas para este encontro especial son gratuítas. As invitacións deben retirarse previamente na oficina  de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o  aforo. Máximo 4 localidades por persoa.  

Ademais, retransmitirase en directo a través da canle de Youtube dos Premios Feroz.  

Audi colabora por terceiro ano consecutivo cos Premios Feroz, sendo de novo Vehículo Oficial do evento e  dando nome ao Premio Feroz Audi de Honra que Jaime Chávarri recibirá na gala do sábado 25 de xaneiro no  Pazo da Cultura de Pontevedra.  

A gala dos #Feroz2025 celebrarase o vindeiro sábado 25 de xaneiro en Pontevedra. En total entregaranse 21  figuras: once de cinema, sete de series, os dous Premios Feroz Arrebato e o Premio Feroz Audi de Honra que  este ano recibirá o cineasta Jaime Chávarri.  

A cerimonia estará presentada por La Dani, con guión de Diego Soto e Javier Durán. Emitirase en directo ás  22:00 tanto pola 2 como por RTVE Play. A alfombra vermella previa poderase seguir desde a canle de Youtube  oficial dos Premios Feroz.  

Materiais para prensa dispoñibles nesta ligazón: https://bit.ly/MaterialesFeroz2025 

Todos os detalles e novidades poden seguirse na nosa web e redes sociais:  

https://www.instagram.com/premiosferoz/

https://www.tiktok.com/@premiosferoz

https://x.com/PremiosFeroz

https://bsky.app/profile/premiosferoz.bsky.social

https://www.youtube.com/@PremiosFeroz

Os Premios Feroz 2025, que destacan o mellor da produción audiovisual española do ano para a prensa  especializada, están patrocinados polo Concello de Pontevedra así como por Legado Ibérico, marca  premium de Elpozo Alimentación e líder no sector do ibérico. Ademais, contan coa colaboración de Audi — Vehículo Oficial—, Cafés Candelas —Café Oficial—, Hispanitas —Zapato Exclusivo Oficial—, a entidade de  xestión de dereitos de autor DAMA, a marca de moda Roberto Verino e Aquaservice, empresa líder en  distribución de auga embotellada con dispensador; co financiamento do Goberno de España – Instituto da  Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) do Ministerio de Cultura; e coa participación de Crea SGR.  

A AICE é un grupo plural de máis de 220 xornalistas e críticos dedicados a informar sobre cinema en  televisión, radio, prensa e Internet de todo o país. Desde 2014 entregan os PREMIOS FEROZ® para destacar o  mellor da produción audiovisual española do ano. Ademais dos galardóns anuais, a asociación outorga o  Premio Feroz Zinemaldia no Festival Internacional de Cinema de San Sebastián, o Premio Feroz Puerta Oscura  no Festival de Málaga e o Premio Feroz Cinema Jove á mellor curtametraxe no seo do festival do mesmo  nome. A AICE tamén organiza o festival Lo que viene, o campus de cinema e series La Inmortal en Zaragoza e  o programa de formación en xornalismo de cinema e series María Luz Morales.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas