Home O Condado Mondariz Balneario Lete destaca a puxanza do piragüísmo en augas bravas galegas con competicións...

Lete destaca a puxanza do piragüísmo en augas bravas galegas con competicións como a Copa de España de Slálom Olímpico en Mondariz-Balneario

- Anuncio -

_O secretario xeral apunta que a Xunta segue estudando a posibilidade de levar a cabo unha canle permanente de augas bravas en Galicia como unha das prioridades da Secretaría Xeral para o Deporte

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu na mañá de hoxe á celebración da I Copa de España de Slálom Olímpico celebrada na canle de augas bravas do río Tea ao seu paso polo Concello de Mondariz-Balneario.

Alí, o mandatario galego destacou a puxanza do piragüismo en augas bravas galego grazas á calidade dos seus representantes, entre os que destacou aos padexeiros de slálom como Ainhoa Lameiro, Manu Ocho, Daniel Pérez Cortegoso ou Luis Fernández, que a finais de setembro do ano pasado acadaba a praza olímpica para España en C1. Lete Lasa destacou ademais, a importancia de que se celebren en Galicia competicións tan importantes como esta I Copa de España de Slálom Olímpico, xa permite que os mellores padexeiros e padexeiras de todo o país se acheguen a Galicia a coñecer as nosas infraestruturas deportivas.

Neste sentido, o secretario xeral para o Deporte apuntou que a Xunta segue estudando a posibilidade de levar a cabo unha canle permanente de augas bravas en Galicia como unha das prioridades da Secretaría Xeral para o Deporte.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas